lunes, 30 de septiembre de 2013


XA ESTAMOS CON VOS NESTE NOVO CURSO

 

Na Biblioteca queremos animar a tod@s a ler; polo placer de disfrutar dos mundos que nos ofrecen os libros e polo saber que atesoran.
Na Biblioteca podemos desfrutar das aventuras de Asterix, de
Geronimo Stilton ou aprender a cociñar e facer maxia; descubrir os segredos da selva ou subir ao Everest…

Andamos á procura de mellorar cada día. Por isto neste principio de curso a biblioteca permanecerá pechada ao préstamo para reorganizar os fondos e facilitar a procura da información.

Sabedes tamén que dende o curso 2011/12 estamos incluidos no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) o que nos permitiu facer moitas melloras. Queremos continuar nesa tarefa.
Pronto teredes noticias de GUILLARETA