miércoles, 16 de diciembre de 2015

RECOMENDACIÓNS PARA NADAL

Éstas son as recomendacións para este Nadal, animádevos a pedirlle algún destes libros aos Reis Magos. Xa sabedes, que como o proxecto do cole deste ano son "Os xogos olímpicos e paralímpicos", temos libros relacionados coa temática.

FELIZ NADAL E PRÓSPERO ANO OLÍMPICO 2016
 

martes, 15 de diciembre de 2015

INTERCAMBIO SOLIDARIO


TRAE LEITE E LEVA UN LIBRO




Os nenos e nenas que traian leite para a ONG, levarán a cambio un libro da nosa biblioteca.
ANÍMATE!!!!

viernes, 4 de diciembre de 2015

Contacontos: A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO

Un pequeño grupo de 6º curso preparou una sesión de contacontos baseado no conto "A cousa que máis doe do mundo", o conto fala da MENTIRA,  así poderiamos traballar as emocións, saber que cousas nos producen tristura e cales alegría. Despois do conto, falamos das emocións e fixemos un bingo con emoticonos. Contacontos on PhotoPeach

domingo, 22 de noviembre de 2015

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Este curso comezamos de novo cos apadriñamentos lectores, onde o alumnado de sexto curso apadriña a un alumno/a do primeiro curso e lles le un conto. Os máis pequenos están moi ilusionados e contentos cos seus padriños e madriñas.






lunes, 9 de noviembre de 2015

PROXECTO "XOGOS OLÍMPICOS E PARALÍMPICOS

Este curso 2015-16, o proxecto que traballará todo o centro e que se propón dende biblioteca serán "OS XOGOS OLÍMPICOS E PARALÍMPICOS"
Aquí podes botar una ollada para ir collendo ideas do que se vai a traballar.

O SAMAÍN

 



 
 
 
Este ano preparamos un túnel aterrador na nosa biblioteca, onde os nenos de 5º e 6º contaban terroríficas historias de medo a todos os alumnos que quixeran nos recreos.
 

martes, 27 de octubre de 2015

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


BASE DE EXPLORACIÓNS


Para traballar o lema do día das bibliotecas escolares "Biblioteca Escolar. Base de exploracións", preparamos unha exposición tanto na entrada do colexio coma na biblioteca sobre a flora e fauna do Baixo Miño, o material foi cedido pola asociación ANABAM, que se dedica á conservación natural da nosa zona.
Dende o equipo de biblioteca preparamos unhas preguntas, onde o alumnado de todo o centro tería que repostar, para conseguir completar todas as respostas terían que investigar, tanto na exposoción, coma en libros de consultas e en Internet.

 Observando.
 Explorando.

Aquí temos aos alumnos contando os anos do Cedro.

Buscando información.


lunes, 29 de junio de 2015

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO "COÑECEMOS MARROCOS"

Como xa todos sabedes, este ano traballamos para coñecer máis un país tan especial como o é Marrocos. Aquí temos o proxecto para que coñezades por qué e para qué.


viernes, 26 de junio de 2015

MÁIS SOBRE MARROCOS

O alumnado de 5º curso investigou moito sobre este país, estaban moi motivados e fixeron varios traballos en grupos, aquí mostramos un Power Point que montaron sobre a xeografía de Marocos e un vídeo sobre os aspectos mais destacables da súa cultura.



CULTURA MARRUECOS (Enhanced) from Guillareta on Vimeo.

ROUPA TÍPICA DE MARROCOS

Os alumnos de 2º curso tamén fixeron as suas investigacións sobre a temática que lles tocou traballar. Aquí tedes algúns traballos realizados por eles.

GASTRONOMÍA DE MARROCOS

No seguinte vídeo podedes observar canto disfrutamos cos obradoiros gastronómicos para coñecer os pratos típicos marroquís.

2ciclo Marrocos gastronomía from Guillareta on Vimeo.

jueves, 4 de junio de 2015

Proxecto documental integrado "COÑECEMOS MARROCOS"

Despois de traballar durante tanto tempo, poidemos disfrutar da exposición onde todos aprendemos moito deste fantástico país. Foi moi divertido e os alumnos e alumnas traballaron con moita ilusión.
Agradecer as familias marroquís e non marroquí,s que colaboraron con este proxecto, a axuda prestada.

Aquí tedes o resultado final, e aínda falta a comilona do último día de curso, onde probaremos os suculentos manxares marroquís.



COÑECEMOS MARROCOS from Guillareta on Vimeo.

APRENDENDO SOBRE MARROCOS CO ENCERADO DIXITAL

Como parte do proxecto, creamos unha actividade para traballar no EDI sobre Marrocos, aquí podedes ver aos alumnos e alumnas de 1º e 2º facendo e aprendendo. APRENDENDO on PhotoPeach

jueves, 14 de mayo de 2015

CONTACONTOS CON ANXO MOURE

Hoxe tivemos a agradable visita de Anxo Moure e a pequena Xacia, que ben o pasamos todos xuntos, cantamos, bailamos e concienciámonos de que hai que coidar a natureza e non contaminar os nosos
ríos.
CONTACONTOS ANXO MOURE from Guillareta on Vimeo.

martes, 5 de mayo de 2015

DÍA DO LIBRO

Este ano fixemos moitas actividades para festexar esta data tan importante para a nosa biblioteca.

O xoves 23 realizamos unha lectura compartida do Quixote e unha pequena biografía de Cervantes e Shakespeare, éste último en inglés, participaron todos os cursos de Primaria.




Os nenos de Infantil traballaron sobre o libro "O Quixote" e o seu autor.




Tamén proxectamos un pequeno video aos nenos e nenas de 1º curso e Infantil sobre a Aventura dos muíños de vento.




Día do Libro 2015 from Guillareta on Vimeo.

Participamos no TUI LE 2015, evento organizado dende a Biblioteca Municipal,  que se celebrou no Seminario Menor de Tui, alí fixemos intercambio de libros con outros colexios e cantamos unha canción baseada no conto "Amelia quere un can"


Neste enlace tedes a noticia do evento no xornal FARO DE VIGO


Actuación no Seminario Menor de Tui.



VID 20150424 115829 from Guillareta on Vimeo.

lunes, 30 de marzo de 2015

DÍA DO TEATRO

Estamos moi ilusionados co agasallo que recibimos neste fantástico Día do Teatro.





A autora CELIA DÍAZ NÚÑEZ, causounos moita ledicia ao recibir este libro adicado.


Como algúns recordaredes, os alumnos, que agora están en 5º de primaria, representaron a obra do seu libro, Cataventos e Cía, e por tal motivo,hoxe recibimos esta gran sorpresa.



MOITAS GRAZAS CELIA!!!!
Prometemos representar esta abraiante nova obra de teatro infantil.

martes, 24 de marzo de 2015

GAÑADORES CONCURSO PENSAMENTOS PI

E os gañadores do concurso de PENSAMENTOS PI foron:

 Paula Cabalerio Rodríguez e Almudena Muñoz Besada de 5º de Primaria.

Os seus pensamentos PI foron:

"Son a doce e morna estreliña da espida noite que canta cantigas cariñosas. Síntome tristeira sen ti, que escoitas a miña laia."

                                                                              Paula Cabaleiro.

"Sol e luar, a forma sinxeliña de sentir pasar o día, noite. Ansiadas vacacións, ledicia agarimosa, que eu vou festexar cada mañá."

                                                                              Almudena Muñóz.



Aquí temos a foto das gañadoras co seu premio, unha camiseta PI, e a os participantes co seu pequeno agasallo por participar.



NORABOA e moitas grazas a todos os participantes. Sabemos que foi un concurso difícil.

SESIÓNS PI

Realizamos o  Cálculo de a través da relación entre lonxitude de circunferencia e diámetro de diferentes  botes e obxectos coa maior aproximación posible utilizando as series infinitas de Gregory-Leibniz ou a serie Nilakantha.









lunes, 9 de marzo de 2015

Día PI

CELEBRACIÓN DO DÍA


O vindeiro día 14 de marzo será, en formato anglosaxón, o día 3-14-15, cifras que coinciden co número pi. Dende o  colexio queremos aproveitar esta circunstancia para conmemorar a historia, transcendencia, curiosidades e didáctica de tan célebre número a través de diversas actividades centradas en p.

        1º Concurso de pensamentos/relatos p, que xa tedes colgado no blog da biblioteca.
        2º Cálculo de p a través da relación entre lonxitude de circunferencia e diámetro de diferentes botes.
        3º “Calculemos p”: consistirá en calcular coa maior aproximación que se poida o número pi, utilizando as series infinitas de Gregory-Leibniz ou a serie Nilakantha.
As actividades 2º e 3º  levaranse a cabo o venres 13 de marzo na biblioteca para os alumnos de 5º e 6º Primaria despois do recreo.


Haberá sorpresas para os que mellor calculen. 

lunes, 2 de marzo de 2015

1º CONCURSO DE PENSAMENTOS PI



Co gallo da celebración do día do  número Л, o 14 de marzo, que en estilo anglosaxón exprésase 3/14 e como ademais este ano é 2015, sería 3/14/15.

Convocamos un concurso de microrrelatos e/ou  pensamentos.

Trátase de escribir un pequeno texto en prosa, onde cada palabra teña tantas letras como cada díxito do número Л na orde que indica o número.

Л(pi)= 3,14159265358979323844...



Un exemplo de pensamento con métrica PI  (en castelán):

Caí y miré a Laura enamorado, su cuerpo débil era ahora perfecto
                              3   1   4      1    5              9           2      6          5     3         5            8



BASES DO CONCURSO

  1. Poden participar os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria
  2. Os relatos estarán escritos en Galego e terán un mínimo de 10 palabras
  3. Serán descartados aqueles relatos con faltas de ortografía
  4. Os signos de puntuación non computan na métrica do relato
  5. Os relatos entregaranse ao titor antes do día Л (o sábado14 de marzo)
  6. Os gañadores de cada clase serán obsequiados cunha camiseta de deseño Л

jueves, 26 de febrero de 2015

CONTACONTOS PARA OS ALUMNOS DA UNITARIA DO SOUTO

Unha das actividades que temos planificadas dende a biblioteca é a de familiarizar aos nenos e nenas da Unitaria do CRA Mestra Clara Torres a nosa biblioteca. Para iso organizamos con colaboradores do 6º curso un contacontos "ONDE VIVEN OS MONTROS"
Pasárono moi ben e ao finalizar cada neno coloreou unha ilustración do libro e fomos montando o conto en imáxenes.










miércoles, 25 de febrero de 2015

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar esta data tan importante para nós, organizamos dende a biblioteca do cole un programa de Radio Escolar para que todo o noso alumnado coñezan e non olviden a Rosalía.
 Ao mesmo tempo, dous dos nosos alumnos foron á Radio Municipal de Tui para ler en directo algúns poemas desta autora. Foi moi emocionante escoitar o programa en directo na nosa escola a través da Radio Escolar!!!!!

Aquí tedes o enlace da parte do programa onde leron os alumnos de de 6º curso Miguel Estévez "Unha vez tiven un cravo" e Brahim El Jabraoui "Como as nubes".


jueves, 22 de enero de 2015

APADRINAMENTOS LECTORES

Este curso comezamos cos APADRINAMENTOS LECTORES que están tendo moi bo resultado, os alumnos de 6º curso apadriñaron aos alumnos de 1º e lles len un conto no proxecto lector, aquí tedes a mostra en imáxenes.