miércoles, 31 de octubre de 2018

SAMAÍN

Guillareta quixo tamén participar ambientando a porta do seu planeta para o tempo de Samaín. Desexa que vos guste 🎃👻👀

CHARLA SOBRE A BIODIVERSIÓN


CHARLA BIODIVERSIÓN NA BIBLIO: “Un bosque no peto

O 29 de outubro tivemos a oportunidade de contar na nosa biblio coa presenza de Nieves Vidal González, unha ciéntífica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Deixounos abraiados e moi interesados na actividade Un bosque no peto.

Explicounos como pódese levar un bosque de especies galegas nun tarro que colle nun peto. O tarro é unha mostra de cultivo in vitro de especies como castiñeiro, sobreira, vimbio, maceira...
Descubrimos que o cultivo in vitro consiste en utilizar anacos de plantas, esterilizalos para eliminar os patóxenos e introducilos en frascos ou tubos de ensaio con medio nutritivo e en condicións ambientais controladas (luz, temperatura, humidade).

Vimos os tarros sen e con cultivos e os instrumentos de traballo, xogamos co agar, falamos da fotosíntesis e das esporas de microbios e do solo.
Para poder experimentar os movementos dos líquidos e os gases nestes tarros, impulsamos cun bombín de bicicleta e de paso, inchamos un globo. Foi unha experiencia moi interesante!

E Nieves deixounos uns fantásticos agasaios, uns frascos con cultivos in vitro!

Para coidalos os tarros teñen que estar ben pechados, e nun sitio onde lle dea a luz pero non o sol directo, para que non morran coa calor.  Se dentro dun mes ou así as plantas medran moito, pódense transplantar as que teñan raíces a unha maceta, cubríndoa cunha botella de plástico, coma se fora un invernadoiro portátil, e logo abrilo pouco a pouco.
Nieves deixounos unha mensaxe:  Coida de estes tarros, e sobre todo coida e disfruta das árbores que viven nas hortas, nos bosques, a beira dos ríos...
Moitísimas grazas, Nieves!






miércoles, 24 de octubre de 2018

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


 

No día das Bibliotecas Escolares recibimos unha gran sorpresa...  nas nosas aulas apareceu unha carta de Guillareta. 



Estamos emocionados! Comeza unha nova andaina. 
E, de novo, xa estamos preparados... imos "De viaxe por Europa"!!!





jueves, 11 de octubre de 2018

INVITACIÓN AO TEATRO

Guillareta ten o pracer de invitarnos a gozar da obra O cego dos monifates o vindeiro 17 de outubro. 
Recibiredes a vosa entrada nos vindeiros días 😉