martes, 10 de diciembre de 2019

AVENTURA ROBÓTICA

Recibimos unha visita moi especial estes días.

Uns novos inquilinos chegaron ao noso cole, e semella que é para quedarse a vivir con nós. 😊🤖😊🤖

VÍDEO DA MONTAXE.




 

 En breve, tamén poderedes gozar cos seguintes xogos. Botádelle unha ollada 👀👀









DE AGASALLO UN LIBRO

Remata o noso primeiro trimestre e chega o momento para descansar e gozar coas vosas familias. Aproveitade tamén para ler e vivir así moreas de novas aventuras.

Aquí tedes algunhas recomendacións de Guillareta.

Felices vacacións de Nadal! 🎄🎄😚








lunes, 2 de diciembre de 2019

VISITA DO ESCRITOR RICK SAMPEDRO


O luns 2 de decembro visitounos o escritor Rick Sampedro. Fixemos en lingua inglesa xogos moi divertidos sobre os seus tres libros que limos durante a hora de ler.

Os títulos elixidos foron: 📚
- Can I play?
- The kite
- Upside down.

Disfrutamos dunha experiencia diferente e gratificante.
Moitas grazas, Rick! 😊😊😊 





  


martes, 26 de noviembre de 2019

25 NOVEMBRO - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Tod@s unid@s contra a violencia de xénero.


 

Paricipamos na proposta do Concello "Tui Soña" coas seguintes siluetas con mensaxes positivas que dannos esperanza dun futuro libre de violencia de xénero. 

 



Ogallá nun futuro próximo non sigamos tendo que dar visibilidade a este tema. Porque todas e todos temos os mesmos dereitos, as mesmas libertades e as mesmas obligacións. 💜💜💜

 




lunes, 28 de octubre de 2019

VISITA DE ALOIA - A PROTECTORA DE ANIMAIS DE TUI

Hoxe recibimos unha visita moi especial. 

 

 

Marta, voluntaria da ALOIA Protectora de Animais de Tui, visitou o noso cole para ensinarnos o gran traballo que realizan con eses pequenos peludos. 🐶 💖 🐶 💖🐶 💖 


 

Tamén aprendemos cales son os coidados que precisan as nosas mascotas, que unha mascota non é un xoguete... 



 

E todos e todas conseguimos o carnet de voluntarios da protectora 👏👏👏

 

 

Dende o cole queremos colaborar coa protectora e nesta III Edición da Carreira solidaria de Guillarei recolleremos alimentos para axudarlles na súa labor.😊😊


 

Durante toda a semana escoitaremos... 🐕🐕🎶🎶



OBRADOIRO DE XADREZ

 Hoxe gozamos da primeira das cinco sesións de Iniciación ao xadrez que vai impartir na biblioteca Brais Otero Nogueira do Club Xadrez Mos para o alumnado de  educación primaria.

 






 

Agradecer á ANPA do CEIP de Guillarei de Tui por ofrecernos esta estupenda 

oportunidade para coñecer mellor este deporte que tantos beneficios nos aporta.

Agora a mellorar pouquiño a pouco e animamos a tod@s a que saquen os vellos 

taboleiros para botar algunha partida cos seus. 😊😊😊


E temos libro novo, para que sexades uns súper expertos. 😀👏👏👏



jueves, 24 de octubre de 2019

ARRANCAMOS NO DÍA DAS BIBLIOTECAS!

Hoxe, 24 de outubro, coincidindo co día das bibliotecas, realizamos a súa apertura. 

Ao chegar, Guillareta tíñanos unha súper sorpresa! Mirade...

 

 






 Guillareta deséxavos un moi feliz Día das Bibliotecas!

  

Durante esta semana soará...

 




sábado, 5 de octubre de 2019

DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS - INICIO DO PROXECTO.

Ola, amigos e amigas!

Unhas estrañas pegadas apareceron polo noso cole... investigaremos e descubriremos moitas cousas sobre eles.

Eles, que moitas das veces máis que mascotas, son un membro máis da familia.

Iniciamos ANIMALADAS: TRAS AS PEGADAS.





 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

5 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS. 

 

E así comeza o noso proxecto.

Esperamos aprender moito nesta viaxe!

 

Aquí tedes dúas novidades deste tema que 

están esperando por todas e todos vós. 😉😉

 

 

 

 

 


jueves, 3 de octubre de 2019

BANDA DE MÚSICA POPULAR DE TUI

Hoxe recibimos con moita ilusión no Planeta de Guillareta a catro músicos da Banda de Música Popular de Tui. 🎵🎶🎵🎶

 

Ensináronnos varios dos instrumentos de vento madeira, vento metal e percusión que forman parte da banda, tocaron algunhas pezas e xogamos a recoñecelas; e o máis divertido, deixáronnos probar o saxo, o trombón, a trompeta, o xilófono e a batería. 

Pasámolo fenomenal! 👏👏👏