miércoles, 17 de abril de 2019

VIAXAMOS A ITALIA

Hoxe visitamos o país da pizza 🍕, da Torre de Pisa, dos canales de Venecia... hoxe tocou coñecer Italia.
 
O alumnado de Infantil realizou un grandísimo traballo achegándonos ás costumes e tradicións dun país con moitas cousas que ofrecer.
A pesar da curta idade das nenas e nenos amosaron unha enorme destreza sobre o escenario fronte as súas compañeiras e compañeiros maiores. 🙌🙌🙌



 👏👏👏Felicitar a estes pequenos grandes artistas por todo o que nos ensinaron hoxe. Bravísimo!! Tanti auguri!!! 👏👏👏




























lunes, 15 de abril de 2019

VIAXAMOS A PORTUGAL

O venres chegamos á segunda parada da nosa viaxe por Europa, nesta ocasión visitamos ao noso país veciño, Portugal. ✈️ 🌍


As nenas e nenos de 4º foron as encargadas e os encargados de ensinarnos algunhas cousiñas como a comida preferida, personaxes como Amalia Rodrigues, Vasco da Gama, ou algunhas das marabillas de Portugal... 🌃

Novamente fixeron un gran traballo. 👏👏👏


Mañá xa toca nova parada, la bella Italia, presentada polo alumnado de Infantil. Con moitas ganas xa!!! 🇮🇹 🚂 🗺

jueves, 4 de abril de 2019

APADRIÑAMENTO LECTOR


😊📚🎁Hoxe os maiores apadriñaron aos máis pequenos para compartir xuntos un ratiño de lectura. Cada padriño e madriña escolleu un conto para contarllo ao seu afillado ou afillada. 
Foi un momento no que gozamos tod@s un montón! 🎁📚 😊