lunes, 27 de mayo de 2019

VIAXAMOS A SUIZA ✈✈✈

Hoxe tocoulles aos nenos e nenas de 3º que explicáronnos dun xeito moi ameno todo o que sabían sobre Suíza. Un país que ainda que está en Europa, non pertence á Unión Europea.

 Contáronnos a capital de Suiza é Berna e que teñen 4 linguas oficiais o francés, o alemán, o italiano e o romanche.
A súa moeda 💰 é o franco suizo.  


O deporte máis practicado é o esquí pero o típico suizo chámase hornussen.

Interpretaron un orixinal tema con xestos que encantounos a todos e todas!!!





miércoles, 15 de mayo de 2019

VIAXAMOS A ROMANÍA ✈✈

Os nenos e nenas de 1º, da man da súa mestra Pilar, leváronnos de viaxe a Romanía. 

Demostraron ser uns verdadeiros expertos neste país e explicaron súper ben moitas cousas sobre el.

Falaron da súa moeda, dos monumentos importantes, do Danubio, da gastronomía... e sempre cun gran sorriso 😃😃😃. 

 

Construíron un orixinal castelo 🏰 e bailaron unha danza típica 🎶🎶. 


 




Parabéns polo voso traballo! 👏👏👏

viernes, 10 de mayo de 2019

X EDICIÓN DO TUI LE

 Os colexios de Tui xuntámonos un ano máis para participar no TUI LE. Este ano celebrouse o décimo aniversario deste acto no pavillón de deportes do IES San Paio. 

Os coles realizaron distintas representacións artísticas para festexar esta xuntanza e puideron intercambiar libros con outros aportados polos commpañeiros e compañeiras. 


 Do noso cole acudiron os grupos de 4º e 6º de educación primaria onde interpretaron uns poemas musicados de Antonio García Teijeiro. 
Fixéronno xenial! 👌

 Parabéns, rapazada!👏👏👏👏


miércoles, 8 de mayo de 2019

SUSA HERRERA PRESENTA...

Susa Herrera acudiu ao Planeta de Guillareta para presentarnos o seu novo libro de cancións "En Cabárceno, rugidos y canciones".



Estabamos emocionados porque os alumnos e alumnas de 3º e 6º do noso cole puideron participar coas súas voces neste disco.



 Pasamos un rato estupendo cantando e bailando con Susa e coa nosa mestra Tere.

 Graciñas por todo, Susa! 😘