lunes, 19 de noviembre de 2018

MAGOSTO: LAND ART

Guillareta quere felicitaros polas magníficas obras de arte que foron realizadas no obradoiro da festa do magosto. 
Parabéns a todas e todos!!!👏👏👏👏👏👏




Noraboa tamén aos nenos e nenas de primeiro pola súa mostra de froitos de outono 😋👏👏👏

 

domingo, 4 de noviembre de 2018

E POR FIN CHEGARON... AS MOCHILAS VIAXEIRAS!

Unha vez realizado o encargo encomendado por Guillareta, temos xa a nosa recompensa... as MOCHILAS VIAXEIRAS!!!


As mochilas irán de casa en casa con lecturas para ser compartidas en familia. Poderedes telas unha semana. No seu interior irá tamén o caderno viaxeiro.
Desexamos que vos gusten! 😊


miércoles, 31 de octubre de 2018

SAMAÍN

Guillareta quixo tamén participar ambientando a porta do seu planeta para o tempo de Samaín. Desexa que vos guste 🎃👻👀

CHARLA SOBRE A BIODIVERSIÓN


CHARLA BIODIVERSIÓN NA BIBLIO: “Un bosque no peto

O 29 de outubro tivemos a oportunidade de contar na nosa biblio coa presenza de Nieves Vidal González, unha ciéntífica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Deixounos abraiados e moi interesados na actividade Un bosque no peto.

Explicounos como pódese levar un bosque de especies galegas nun tarro que colle nun peto. O tarro é unha mostra de cultivo in vitro de especies como castiñeiro, sobreira, vimbio, maceira...
Descubrimos que o cultivo in vitro consiste en utilizar anacos de plantas, esterilizalos para eliminar os patóxenos e introducilos en frascos ou tubos de ensaio con medio nutritivo e en condicións ambientais controladas (luz, temperatura, humidade).

Vimos os tarros sen e con cultivos e os instrumentos de traballo, xogamos co agar, falamos da fotosíntesis e das esporas de microbios e do solo.
Para poder experimentar os movementos dos líquidos e os gases nestes tarros, impulsamos cun bombín de bicicleta e de paso, inchamos un globo. Foi unha experiencia moi interesante!

E Nieves deixounos uns fantásticos agasaios, uns frascos con cultivos in vitro!

Para coidalos os tarros teñen que estar ben pechados, e nun sitio onde lle dea a luz pero non o sol directo, para que non morran coa calor.  Se dentro dun mes ou así as plantas medran moito, pódense transplantar as que teñan raíces a unha maceta, cubríndoa cunha botella de plástico, coma se fora un invernadoiro portátil, e logo abrilo pouco a pouco.
Nieves deixounos unha mensaxe:  Coida de estes tarros, e sobre todo coida e disfruta das árbores que viven nas hortas, nos bosques, a beira dos ríos...
Moitísimas grazas, Nieves!






miércoles, 24 de octubre de 2018

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


 

No día das Bibliotecas Escolares recibimos unha gran sorpresa...  nas nosas aulas apareceu unha carta de Guillareta. 



Estamos emocionados! Comeza unha nova andaina. 
E, de novo, xa estamos preparados... imos "De viaxe por Europa"!!!





jueves, 11 de octubre de 2018

INVITACIÓN AO TEATRO

Guillareta ten o pracer de invitarnos a gozar da obra O cego dos monifates o vindeiro 17 de outubro. 
Recibiredes a vosa entrada nos vindeiros días 😉

domingo, 16 de septiembre de 2018

ESTAMOS EN OBRAS!




O equipo de biblioteca púsoxe mans á obra para recatalogar os fondos seguindo a CDU (Clasificación Decimal Universal) polo que o Planeta de Guillareta permanecerá pechado ata novo aviso. 
Podedes realizar o empréstito dende as vosas bibliotecas de aula.