lunes, 28 de octubre de 2019
OBRADOIRO DE XADREZ
Hoxe gozamos da primeira das cinco sesións de Iniciación ao xadrez que vai impartir na biblioteca Brais Otero Nogueira do Club Xadrez Mos para o alumnado de educación primaria. ♟♟♟
Agradecer á ANPA do CEIP de Guillarei de Tui por ofrecernos esta estupenda
oportunidade para coñecer mellor este deporte que tantos beneficios nos aporta.
Agora a mellorar pouquiño a pouco e animamos a tod@s a que saquen os vellos
taboleiros para botar algunha partida cos seus. 😊😊😊
E temos libro novo, para que sexades uns súper expertos. 😀👏👏👏
domingo, 27 de octubre de 2019
jueves, 24 de octubre de 2019
ARRANCAMOS NO DÍA DAS BIBLIOTECAS!
Hoxe, 24 de outubro, coincidindo co día das bibliotecas, realizamos a súa apertura.
Ao chegar, Guillareta tíñanos unha súper sorpresa! Mirade...
Guillareta deséxavos un moi feliz Día das Bibliotecas!
Durante esta semana soará...
sábado, 5 de octubre de 2019
DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS - INICIO DO PROXECTO.
Ola, amigos e amigas!
Unhas estrañas pegadas apareceron polo noso cole... investigaremos e descubriremos moitas cousas sobre eles.
Eles, que moitas das veces máis que mascotas, son un membro máis da familia.
Iniciamos ANIMALADAS: TRAS AS PEGADAS.
5 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS.
E así comeza o noso proxecto.
Esperamos aprender moito nesta viaxe!
Aquí tedes dúas novidades deste tema que
están esperando por todas e todos vós. 😉😉
jueves, 3 de octubre de 2019
BANDA DE MÚSICA POPULAR DE TUI
Hoxe recibimos con moita ilusión no Planeta de Guillareta a catro músicos da Banda de Música Popular de Tui. 🎵🎶🎵🎶
Ensináronnos varios dos instrumentos de vento madeira, vento metal e percusión que forman parte da banda, tocaron algunhas pezas e xogamos a recoñecelas; e o máis divertido, deixáronnos probar o saxo, o trombón, a trompeta, o xilófono e a batería.
Pasámolo fenomenal! 👏👏👏
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)































