Aquí tedes unha pequena reportaxe fotográfica da semana que lle adicamos a Rosalía de Castro na nosa biblioteca. O alumnado disfrutaba de xogos mentres escoitaban os poemas musicados da autora.
viernes, 22 de febrero de 2013
martes, 19 de febrero de 2013
24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
Ola amiguiños!!!!
Durante esta semana e co gallo do Día de Rosalía, haberá na nosa Biblioteca unha pequena exposición sobre a autora galega, ademais proxectaremos durante os recreos vídeos con poemas e historias sobre ela.
Anímate a visitarnos!!
miércoles, 19 de diciembre de 2012
EN CABÁRCENO SE OYE CANTAR
Onte tivemos na nosa biblioteca a presentación do libro de Susa Herrera "En cabárceno se oye cantar", nesta ocasión Susa contou coa colaboración da nosa profe de música, Tere.
É un libro con cancións moi divertidas e inxeniosas sobre os animais que hai no Parque de Cabárceno.
Pasámolo todos de marabilla!!!!
Aquí temos un pequeno exemplo das grandes voces artísticas que temos en Guillarei.
lunes, 17 de diciembre de 2012
RECOMENDACIÓNS PARA ESTE NADAL
Xa estamos entrando nunhas datas especiais, onde é costume facer regaliños, recorda que un bo agasallo é un bo libro. Aquí tedes algunhas das nosas recomendacións. FELICES FESTAS!!!!
martes, 4 de diciembre de 2012
OBRADOIRO DE INTERCULTURALIDADE
Hoxe o alumnado de 6º de Primaria asistiu a un Obradoiro moi interesante de interculturalidade na nosa biblioteca.
domingo, 25 de noviembre de 2012
ACHÉGATE Á BANDA DESEÑADA
Ola a todos e todas!!!!
Na nosa Biblioteca Escolar temos unha nova exposición de banda deseñana, a cal poderedes disfrutar durante quince días.
Non o dubides e achégate á exposición para sumerxirte nas aventuras de Tintín, Astérix e Obélix e incluso de Código Lyoko.
Na nosa Biblioteca Escolar temos unha nova exposición de banda deseñana, a cal poderedes disfrutar durante quince días.
Non o dubides e achégate á exposición para sumerxirte nas aventuras de Tintín, Astérix e Obélix e incluso de Código Lyoko.
martes, 20 de noviembre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

