jueves, 26 de junio de 2014

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO "TUI, HISTORIA E NATUREZA"

Neste curso 2012-13, decidimos dende a Biblioteca meternos nesta aventura de traballar a través dun Proxecto Documental Integrado, era a nosa priemira vez e tiñamos moitas dúbidas, pero tiñamos moita ilusión e ganas polo que ao final todos o pasamos moi ben. Xa estamos preparados para seguir facéndoo e mellorar cada curso.
 
Aquí tedes o proxecto:

lunes, 16 de junio de 2014

RECOMENDACIÓNS VERÁN 2014

Xa rematando o curso, aquí vos presentamos as nosas recomendacións para que disfrutedes lendo este verán.  BO VERÁN A TODOS E TODAS!!!!!


lunes, 9 de junio de 2014

CONTACONTOS "CHOCOLATA"

Ola a todos, 
estamos coas últimas de sesións de contacontos do curso, desta vez o alumnado de sexto curso contan un conto moi especial para eles "Chocolata" xa que eles mesmos fixeron unha pequena adaptación do conto cando eran máis pequechos, e agora que son maiores, enséñano moi orgullosos ao alumnado de Infantil, 1º e 2º curso.








lunes, 2 de junio de 2014

VISITA DE SUSA HERRERA

Éste mércores teremos a visita de SUSA HERRERA que presentará o seu novo libro CANTOS ANIMALES. Anímate e ven a pasar un bo rato na nosa biblio!!!!!


martes, 29 de abril de 2014

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

O QUIXOTE

Para conmemorar esta data tan especial para as bibliotecas, organizamos un concurso no que o noso alumnado tiña que adiviñar vendo as viñetas expostas na entrada da nosa biblioteca, a que capítulo do libro do Quixote pertencían os debuxos.
Houbo moito interese, e foron moitos os que se acercaron á biblioteca a ollar os exemplares do Quixote para resolver tal enigma. 



Aquí temos aos gañadores do concurso, moitas felicidades e grazas a todos e todas por participar.


jueves, 3 de abril de 2014

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DE LA CONCIENCIACIÓN SOBRE EL AUTISMO.

Hoxe, tamén é unha data moi importante, o DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO.

Transtorno do espectro autista, chámase precisamente espectro porque os casos poden variar moito, algúns nenos poden ser moi cariñosos e outros evitar absolutamente calquera contacto físico, algúns falan moito e outros non falan nada.
Intentar coñecer un pouquiño máis sobre eles é unha maneira de respetalos e poder tratar mellor con eles.
Aquí tedes un video do que podedes conseguir aprender un pouquiño sobre este transtorno.

2 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO INFANTIL

Ola a todos!!
A nosa biblioteca participou, xunto con moitos coles do municipio, na festividade de TUI LE. Fixemos a nosa letra, o G, para poder formar entre todos os centros o lema
"SEGUIDE LENDO".






Fomo s ao Claustro da Catedral de Tui e os alumnos de Infantil, 1º e 2º curso cantaron a canción do "Pitiño", mentres que o alumnado de 3º e 4º curso bailaron o "Xogo da Carrasquiña".





E ao rematar, fixemos o Intercambio de Libros.