Como o mes de ABRIL é considerado o mes do libro, quixemos facer moitas actividades relacionadas con contos.
Imos falar dos máis pequenos do noso cole, os rapaces e rapazas de Infantil.
Este mes houbo INTERCAMBIO DE LIBROS e tivemos a actividade de CONTOS EN FAMILIA, onde un familiar do neno ou nena viña a contarnos o seu conto favorito.
martes, 26 de abril de 2016
martes, 12 de abril de 2016
VISITA Á RESIDENCIA
Ola amiguiños,
AVÓS RESIDENCIA from Guillareta on Vimeo.
como ben saberedes, a biblioteca do CEIP de Guillarei inscribiu ao alumnado voluntario de 5º e 6º curso no programa denominado BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, integrado no PLAN LÍA, máis concretamente no VOLUNTARIADO DE LECTURA-A.
O luns 11 de Abril, escenificamos o conto AVÓS co alumnado voluntario de 5º curso, resultou unha experiencia moi bonita e enriquecedora. Os anciáns quedaron moi agradecidos da nosa visita, gustoulles moito a pequena escenificación e prometimos que volveríamos outro día, e nós encatados, por suposto.
AVÓS RESIDENCIA from Guillareta on Vimeo.
martes, 22 de marzo de 2016
INAUGURACIÓN "XOGOS OLÍMPICOS"
Este Entroido, celebramos a inauguración dos Xogos Olímpicos, co percorrido da chama olímpica polos diferentes continentes, os gregos iniciaron o percorrido.
Despois de dar lectura ao xuramento olímpico, pasamos a facer un paseo polas rúas de Guillarei seguindo aos portaestandartes de cada país, había moitos deportistas: atletas, ciclistas, piragüistas...., e como non, tampouco faltaba a nosa mascota da biblioteca "Guillareta" que tamén estaba metida no percorrido.
Pasámolo moi, moi ben e comemos riquísimo coa repostería que trouxeron moitos pais e nais.
Aquí un pequeno resumo.
Aquí un pequeno resumo.
Entroido 2016 from Guillareta on Vimeo.
martes, 16 de febrero de 2016
PAZ OLÍMPICA
Este ano a Paz é olímpica no CEIP Plurilingüe de Guillarei, e por iso, traballamos os valores olímpicos, tan importantes para a nosa vida.
miércoles, 16 de diciembre de 2015
RECOMENDACIÓNS PARA NADAL
Éstas son as recomendacións para este Nadal, animádevos a pedirlle algún destes libros aos Reis Magos. Xa sabedes, que como o proxecto do cole deste ano son "Os xogos olímpicos e paralímpicos", temos libros relacionados coa temática.
FELIZ NADAL E PRÓSPERO ANO OLÍMPICO 2016
martes, 15 de diciembre de 2015
INTERCAMBIO SOLIDARIO
TRAE LEITE E LEVA UN LIBRO
Os nenos e nenas que traian leite para a ONG, levarán a cambio un libro da nosa biblioteca.
ANÍMATE!!!!
viernes, 4 de diciembre de 2015
Contacontos: A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO
Un pequeño grupo de 6º curso preparou una sesión de contacontos baseado no conto "A cousa que máis doe do mundo", o conto fala da MENTIRA, así poderiamos traballar as emocións, saber que cousas nos producen tristura e cales alegría. Despois do conto, falamos das emocións e fixemos un bingo con emoticonos.
Contacontos on PhotoPeach
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













