jueves, 1 de diciembre de 2016

EXPERIMENTANDO COAS CORES

Seguindo coas actividades do MES DA CIENCIA, tócanos agora experimentar coas cores, esta vez, os mais pequenos do cole convertéronse en científicos e fixeron pequenos experimentos artísticos: a botella da calma, o efecto do colorante do leite, comprobaron a densidade das cores e observaron as burubullas de colorante en auga e aceite.
 Pasámolo fenomenal!!!!

EXPERIMENTANDO COAS CORES on PhotoPeach

jueves, 24 de noviembre de 2016

COMPROMISO COA TERRA

 
 
 
Este pasado mércores tivemos a fortuna de ter a visita de CHUS LAGO, alpinista viguesa que viu acompañada de Vero, a cal vai ser unha das súas compañeiras na próxima aventura, COMPROMISO COA TERRA, na cal irán a Groenlandia para facernos ver como se derriten os casquetes polares e concienciarnos da importancia de coidar o noso planeta.
 
Os alumnos do cole estiveron buscando información sobre Chus e sobre o que ía facer. Aquí temos alguna información recompilada polo alumnado de 1º e 2º curso.
 



 
Quedamos encantados coa súa visita, todo un exemplo de sacrifio e superación.
 
MOITA SORTE NA TÚA PRÓXIMA AVENTURA
 
 
 
 
VISITA CHUS LAGO E VERO on PhotoPeach

martes, 8 de noviembre de 2016

MAGOSTO CON ARTE

Este pasado luns celebramos o Magosto, como este ano estamos feitos uns artistas, os rapaces e rapazas crearon uns fantásticos portacastañas, auténticas obras de arte.
Ademais, crearon as súas propias pinturas, baseadas en cadros de pintores galegos, nos que se representaba dalgún xeito, a fermosa estación do ano nas que nos atopamos, O OUTONO.

 






 

viernes, 28 de octubre de 2016

NO SAMAÍN, MEDO SEN FIN

 
 
Esta obra de arte foi feita polo alumando de 1º curso para representar o medo que pasaríamos durante esta semana .
 
 
 



Ademáis,  foi a semana de CONTOS DE MEDO na nosa biblioteca, o alumnado de 4º curso prepararon contos terroríficos, que contaron todos os días durante os recreos, para todo o alumnado do centro.

Aquí os monstruosos contacontos de 4º curso.


 

jueves, 27 de octubre de 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24  de Outubro foi o noso día, o día das bibliotecas escolares, e  este ano está adicado ás artes.
 
Os máis pequechos do cole atoparon na fermosa ilustración, as distintas artes que nela aparecen: música, escultura, fotografía, pintura, escritura, arquitectura e teatro.
 



 

martes, 18 de octubre de 2016

EMOCIÓNATE CON ARTE

 Ola a todos, este curso o proxecto que traballaremos en todo o cole chámase "Emociónate con arte", onde intentaremos expresar emocións e coñecelas algo máis a través do arte.
Para comezar, intentaremos coñecer as diferentes emocións e como nos fan sentir.
Temos una exposición de libros na biblioteca que falan de emocións que podedes ler e coller.
 
 
 
 
Algunhas emocións fánnos sentir moi ben, a ledicia, o amor... outras como a ira ou o enfado non tanto, pero podemos intentar controlalas, aquí tedes un video que vos pode axudar.
 
SÓLO RESPIRA
 

lunes, 6 de junio de 2016

FORMACIÓN DE USUARIOS 5º E 6º CURSOS

OLA AMIGUIÑOS!!!!
Aquí tedes a información precisa para coñecer un pouco máis a nosa biblioteca e como utilizala.