martes, 30 de mayo de 2017
martes, 23 de mayo de 2017
jueves, 18 de mayo de 2017
A ARTE EN CUARTO
O alumnado de cuarto fixeron un traballo estupendo onde elaboraron presentacións sobre os diferentes pintores para que todos aprendamos algo máis sobre a arte.
lunes, 15 de mayo de 2017
TUI LE
O venres 12 de maio participamos na actividade TUI LE que este ano se desenvolveu na Área Panorámica de Tui. Parabéns aos colexios que participaron na nosa quenda,
encantáronnos as súas actuacións.
Os alumnos de 1º prepararon coa súa titora un poema inventado por
eles sobre o conto : “O can Rin e o lobo Crispín” de Carlos Casares, estaban
algo nerviosos, pero saíulles moi ben.
lunes, 3 de abril de 2017
Día do Libro infantil e xuvenil
O día 2 de abril
celebrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, co
obxectivo de conmemorar un célebre aniversario: o nacemento de Hans Christian Andersen, o pai de historias
infantís tan sorprendentes como El patito feo, El soldadito de plomo, El traje nuevo del
emperador, La Sirenita, e de moitos outros contos que veñen acompañando na infancia a moitos nenos en
distintas xeracións.
¿Quen foi Hans Christian Andersen?
Na súa autobiografía, titulada "El
cuento de hadas de mi vida", o escritor danés (Odensen, 1805-1875)
afirma que a súa nai, unha lavandeira, era letrada. O seu pai, en cambio,
un zapateiro que parecía ter unha imaxinación moi poética, lía moito e cada libro que lle regalaba,
Andersen devorábao. Foi un neno solitario, que nunca xogaba con outros nenos.
Os seus compañeiros e amigos foron os libros. Andersen
tivo unha infancia marcada pola miseria, pola súa fealdade
física, e por algúns trastornos psicolóxicos. Aos 11 anos de idade, ao morrer o seu pai, el tivo que abandonar
os estudos e
empezar a traballar no que podía para sobrevivir. Foi axudante de xastre,
obreiro de fábrica de cigarros, ata que chegou ao teatro.
Alí, traballou con títeres,
e empezou a bailar e a cantar, destacándose pola súa fermosa voz de soprano.
Pero coa xuventude, a súa voz cambiou, e Andersen pasou a dedicarse á
escritura. Ao mesmo tempo, durante ese período escribiu obras de teatro, poemas, novelas, e aos 24 anos de idade,
ingresou na Universidade de Copenhague, ao mesmo tempo no que o seu
recoñecemento como dramaturgo e poeta, era evidente.
Publicaciones
de Hans Christian Andersen
Andersen publicou
máis de cento cincuenta contos para nenos. "El Patito
Feo", "La sirenita" e "El traje nuevo del
emperador" son uns dos seus contos
máis coñecidos, inspirados en lendas e crenzas populares do seu país,
Dinamarca.
Os contos foron traducidos a máis de oitenta idiomas e
transformados en obras de arte, en cine e en teatro.
Así mesmo, Andersen tamén editou obras de teatro, libros de viaxes,
novelas, e poemas. A súa morte ocorreu aos 70 anos de idade. Non tivo fillos,
pero deu a vida a moitos personaxes que, coas súas historias sorprendentes,
ilusionaron a moitos nenos.
Polos
nenos, polos contos infantís, pola ilusión que elos nos proporcionan, imos
celebrar este bicentenario do nacemento
deste ilustre autor. Na biblioteca podedes atopar algúns dos seus contos máis coñecidos.
viernes, 31 de marzo de 2017
Maruxa Mallo, Día das Artes Galegas, 2 de abril 2017
A pintora viveirense Maruxa Mallo vai ser a homenaxeada no Día das Artes Galegas 2017. Así o acordou o plenario da Real Academia Galega de Belas Artes, os integrantes do pleno decidiron por maioría que fose Mallo a quen se lle adicase o día que por vez primeira se celebrou o ano 2016, e que estivo centrado en Castelao. A pintora viveirense collerá o relevo do escritor, político e artista rianxeiro.
Artista excepcional: Maruxa Mallo veu ao mundo en Viveiro, en 1902, co nome de Ana María Gómez González e no seo dunha familia de boa posición. Xa moza trasladouse a Madrid, onde mantivo relación con artistas, escritores e cineastas como Salvador Dalí, Federico García Lorca, Margarita Manso, Luis Buñuel, María Zambrano e Rafael Alberti. Durante a década de 1920 traballou para numerosas publicacións literarias e realizou portadas de varios libros, así como exposicións.
Grazas a unha bolsa da Xunta de Ampliación de Estudos viaxou a París en 1932, onde entrou en contacto co surrealismo (coñeceu Max Ernst, René Magritte, Joan Miró, Giorgio de Chirico e outros), e participou en parladoiros con André Breton e Paul Éluard. A súa pintura cambiou radicalmente, influenciada polo surrealismo.
O golpe de estado de 1936 sorpendeuna en Galiza e tivo que refuxiarse na casa dun familiar, onde estivo agochada varios meses. O seu compromiso coa II República facíalle temer que podía ser albo da represión que inzaba Galiza. En 1937 conseguiu pasar a Portugal e de alí viaxar a América. Pasou o exilio en Arxentina e Estados Unidos. Finou en Madrid en 1995. María Zambrano dixo dela:"Cometeu un dos erros máis destrutivos e imperdonábeis: ser libre".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















