lunes, 4 de marzo de 2019

OBRADOIRO DE ANTEFACES

Guillareta puido comprobar que non perdechedes a ocasión de participar no obradoiro de antefaces. Parabéns polas vosas creacións!
Achégase o Entroido e estamos listos!🎭🎭🎉🎉👏👏👏


 



 

lunes, 25 de febrero de 2019

DE VIAXE A... ISLANDIA!


O planeta de Guillareta converteuse nun gran salón de exposicións e exhibicións para recibir aos alumnos e alumnas de 5º de primaria que ían levarnos de viaxe a Islandia.
 
Admirade o seu traballo, dedicáronlle esforzo e moita ilusión.



Estivemos moi atentos. Cantas cousas interesantes nos amosaron!
Curiosidades e monumentos que poder visitar.


 


 Deixáronnos abraiados! 👏👏👏

 
 

Bailaron unha danza típica con traxes similares aos tradicionais. Que ben o fixeron!🎶🎶



E para finalizar, fixeron unha demostración dalgúns xogos relacionados coa loita, xa que a loita tradicional islandesesa chámase Glima.

Dar a volta á tortilla
Pelea de galos
Roubar a cola


O Escudo

 Parabéns rapazas e rapaces!  👏👏👏😃😃

jueves, 21 de febrero de 2019

A NOSA AVENTURA NO MAR

O obradoiro O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR visitounos para mostrarnos a importancia que teñen os produtos do mar na nosa dieta. 

Os arroaxes, un grupo de sete amigos, Sardiña, Xurel, Rodaballo, Mexilón, Troita, Lirio e Pescada, teñen encomendada esa misión.

Recibímolos na nosa biblio e estivemos moi atentos aso seus consellos e, por suposto, recibimos os seus superpoderes💪😋🐟


Amosáronnos cousas sobre a pesca, sobre as especies de peixes e as súas propiedades nutritivas.
Pasamos un bo rato xogando na biblio.👏👏👏




 

viernes, 1 de febrero de 2019

RECIBIMOS A... ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Onte recibimos con moita ledicia a Antonio García Teijeiro. Todo o alumnado de primaria gozou dun bo rato de poesía e de boa compañía.

Falamos das palabras, e todos e todas non podíamos deixar de miralo e escoitalo.








Moitísimas grazas por vir ao noso cole e de compatir o teu tempo con nós. 😊😊😊
Grazas tamén ao Faro da Escola por darnos esta oportunidade.

 Desexamos lle gustaran os temas interpretados coas súas letras, todo o noso cariño e a nosa ilusión ían neles.🎵🎵

Vémonos cedo... nas súas obras!!!

viernes, 11 de enero de 2019

SUPER LÓPEZ COÑECE A GUILLARETA

Non o sabías? Pois si... Está aquí!👀
Atopa nos andeis da nosa biblio estes exemplares de banda diseñada de SUPER LÓPEZ!!!






jueves, 10 de enero de 2019

TINTÍN


Hoxe, 10 de xaneiro de 2019, celébrase o 90º aniversario da publicación na revista Le Petit Vingtième do personaxe de Hergé, Tintín.

 

Tintín vendeu máis de 250 millóns de exemplares e traduciuse a máis de 120 idiomas.





No planeta de Guillareta temos a sorte de contar con estes magníficos exemplares.