miércoles, 17 de abril de 2019

VIAXAMOS A ITALIA

Hoxe visitamos o país da pizza 🍕, da Torre de Pisa, dos canales de Venecia... hoxe tocou coñecer Italia.
 
O alumnado de Infantil realizou un grandísimo traballo achegándonos ás costumes e tradicións dun país con moitas cousas que ofrecer.
A pesar da curta idade das nenas e nenos amosaron unha enorme destreza sobre o escenario fronte as súas compañeiras e compañeiros maiores. 🙌🙌🙌



 👏👏👏Felicitar a estes pequenos grandes artistas por todo o que nos ensinaron hoxe. Bravísimo!! Tanti auguri!!! 👏👏👏




























lunes, 15 de abril de 2019

VIAXAMOS A PORTUGAL

O venres chegamos á segunda parada da nosa viaxe por Europa, nesta ocasión visitamos ao noso país veciño, Portugal. ✈️ 🌍


As nenas e nenos de 4º foron as encargadas e os encargados de ensinarnos algunhas cousiñas como a comida preferida, personaxes como Amalia Rodrigues, Vasco da Gama, ou algunhas das marabillas de Portugal... 🌃

Novamente fixeron un gran traballo. 👏👏👏


Mañá xa toca nova parada, la bella Italia, presentada polo alumnado de Infantil. Con moitas ganas xa!!! 🇮🇹 🚂 🗺

jueves, 4 de abril de 2019

APADRIÑAMENTO LECTOR


😊📚🎁Hoxe os maiores apadriñaron aos máis pequenos para compartir xuntos un ratiño de lectura. Cada padriño e madriña escolleu un conto para contarllo ao seu afillado ou afillada. 
Foi un momento no que gozamos tod@s un montón! 🎁📚 😊





jueves, 28 de marzo de 2019

RECIBIMOS A... PAULO PASCUAL!

Estabamos abraiados! 👀👀👀👂👂👂

No Planeta de Guillareta soaba unha música moi especial... un instrumento moi especial producía eses sons. 🎵🎶🎵🎶🎵


Paulo Pascual é músico e ainda que toca varios instrumentos, o THEREMIN é o máis curioso.
Explicounos moitas cousas sobre el e sobre os sons que producía.

Tocou varias obras e... ata deixounos probar a nós e as nosas mestras!
Graciñas, Paulo!



 

miércoles, 20 de marzo de 2019

OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA NA BIBLIO

Hoxe tivemos a sorte de poder ter con nós a un experto en papiroflexia, Antonio Vidal. Pasamos unha mañá estupenda xogando a crear cans, gatiños, peonzas, paxariños...

 

 













Puxemos as mans en movemento! Mirade as nosas creacións! 





Ata a próxima 😉