sábado, 23 de abril de 2022

Día do Libro 2022

 
Hoxe, 23 de abril, é o Día do Libro. Nós xa o celebramos onte participando no Tui Le, que organiza o Concello de Tui e que recuperou a presencialidade que tantas ganas tiñamos. 

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria, estivo traballando a figura de Eva Mejuto, escritora galega de literatura infantil e xuvenil da que coñecemos moitos contos. 
Ademais de elaborar este fermoso cartel, prepararon unha presentación da autora e dúas cancionciñas de dous dos seus libros: Maruxa (con música de Almudena Janeiro) e Dez gatiñas viaxeiras (unha adaptación da que fixo a nosa amiga Susa Herrera). Aí os tedes en plena actuación, para algúns e algunhas era a primeira vez que se subían a un escenario, e este era ben grande!! Fixérono fenomenal, son uns/unhas verdadeiros/as artistas!!
Ademais da nosa actuación e de ver e escoitar as dous outros colexios e institutos de Tui, e a de Xoán Curiel para rematar o acto, tamén se volveu facer o intercambio de libros como antes.

Foi unha actividade estupenda. Estaban todas e todos emocionadísimos/as!!




 
Tamén vos deixamos aquí a decoración da biblioteca para este día tan especial, con estas bolboretas tan fermosas que crearon os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria e dous dos lemas escollidos por eles/elas.

 
E aos máis pequechos do cole, posando tamén diante das súas bolboretas cos libros que estaban lendo nese momento
 


 
Feliz Día do Libro a todas e todos!! 
E felices lecturas!! 🎉📚📖🦋

viernes, 18 de marzo de 2022

Semana da Prensa 2022

 Para a celebración da semana da prensa, este ano plantexamos unha actividade diferente. Como todos
os anos, o alumnado tivo oportunidade de revisar exemplares de diferentes xornais e comentar e
aprender da prensa escrita. A diferenza consistiu en que á hora de producir, xa que estamos pasando
por unha época na que a meirande parte das novas que aparecen son negativas, non iamos seguir a
actualidade. O alumnado de educación infantil debuxou e titulou as noticias que a elas e eles lles
gustaría que saísen nos xornais, e en primaria redactaron esas novas a partir dos debuxos. Agardamos que vos gusten tanto como a nós 😊😊

jueves, 4 de noviembre de 2021

Pan de Millo!!  🍞🌽

As compañeiras e os compañeiros de primeiro curso nestas semanas estiveron aprendendo coa súa mestra moitísimas cousas sobre o millo: as súas variedades, as propiedades, os usos, o proceso enteiro dende que se planta ata que o comemos, cómo funcionan os muíños, cómo se fai o pan, cómo facer os flocos de millo.. e, como non podía ser doutro xeito, remataron cantando e bailando. Aquí vos deixamos a proba 🎶
 

 

martes, 2 de noviembre de 2021

Empezamos novo curso escolar!!!

O ano 2021 é, segundo a ONU, o Ano Internacional das Froitas e as Verduras. A Guillareta pareceulle un tema moi interesante, e pensou que sería estupendo que no cole de Guillarei traballemos as froitas e as verduras durante este curso 2021-2022 🍅🍆🍇🍈🍉🍊🍋🍌🍍🍏🍐🍑🍒🍓

Para empezar, nestas últimas semanas, e coincidindo co Samaín 🎃 , cada curso inventou un conto de medo 👻 con froitas e hortalizas terroríficas como protagonistas.

Aquí volos deixamos 










 


lunes, 7 de junio de 2021

PLANETA DE GUILLARETA EN CAMBIO...

 Ao longo deste curso, o Planeta de Guillareta estivo en proceso de cambio. renovouse o mobiliario e fixemos un novo deseño.

Ademáis cambiáronse as etiquetas seguindo a Clasificación Decimal Universal.

 



Seguiremos traballando!😉

viernes, 4 de junio de 2021

GRANDES INVESTIGADORES EN SEXTO DE PRIMARIA

 Parabéns ao alumnado de sexto de primaria pola súa labor tanto na investigación das etapas da prehistoria e historia coma da enerxía.

Seguide así e conseguiredes grandes logros 👏👏👏

 

 



LENDO NO VERÁN