jueves, 26 de febrero de 2015

CONTACONTOS PARA OS ALUMNOS DA UNITARIA DO SOUTO

Unha das actividades que temos planificadas dende a biblioteca é a de familiarizar aos nenos e nenas da Unitaria do CRA Mestra Clara Torres a nosa biblioteca. Para iso organizamos con colaboradores do 6º curso un contacontos "ONDE VIVEN OS MONTROS". 
Pasárono moi ben e ao finalizar cada neno coloreou unha ilustración do libro e fomos montando o conto en imáxenes.










miércoles, 25 de febrero de 2015

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar esta data tan importante para nós, organizamos dende a biblioteca do cole un programa de Radio Escolar para que todo o noso alumnado coñezan e non olviden a Rosalía.
 Ao mesmo tempo, dous dos nosos alumnos foron á Radio Municipal de Tui para ler en directo algúns poemas desta autora. Foi moi emocionante escoitar o programa en directo na nosa escola a través da Radio Escolar!!!!!

Aquí tedes o enlace da parte do programa onde leron os alumnos de de 6º curso Miguel Estévez "Unha vez tiven un cravo" e Brahim El Jabraoui "Como as nubes".


jueves, 22 de enero de 2015

APADRINAMENTOS LECTORES

Este curso comezamos cos APADRINAMENTOS LECTORES que están tendo moi bo resultado, os alumnos de 6º curso apadriñaron aos alumnos de 1º e lles len un conto no proxecto lector, aquí tedes a mostra en imáxenes.











lunes, 19 de enero de 2015

APRENDER A UTILIZAR AS IMAXES DE INTERNET

Ola amigos e amigas,
nesta ocasión, quero presentarvos un enlace moi interesante para aprender a escoller as imaxes de Internet que fan tan interesantes os nosos traballos. Para acceder, pinchade aquí.
Darlle as grazas aos compañeiros de Frián-Teis por facer este estupendo traballo.

APROVEITÁDEO AMIGUIÑOS!!!!

miércoles, 17 de diciembre de 2014

TRÍPTICO DE RECOMENDACIÓNS PARA ESTE NADAL 2014

Ola a todos,
xa podedes botarlle un ollo as nosas recomendacións para este Nadal, son fantásticas!!!!

E non esquezas, se queres ser orixinal no teu agasallo, REGALA UN LIBRO.


BO NADAL E FELICES FESTAS!!!!!

viernes, 7 de noviembre de 2014

CONTOS DE MOITO MEDO

Os escritores e escritoras de Infantil de 4 e 5 anos elaboraron estes contos tan terroríficos para festexar o Halloween e Samaín. Botádelle un ollo, son de moito medo!!!!

martes, 4 de noviembre de 2014

O SAMAÍN

Ola a todos e todas,

este ano para festexar o Samaín os alumnos de 6º curso representaron unha obra de teatro baseada no libro "Indo para Samaín" de Carlos e Sabela Labraña, unha obra chea de cabazas, mazorcas, castañas e caveiras.

Velaquí os nosos actores e actrices,






Foi moi divertido e arrepiante ao mesmo tempo.