jueves, 28 de abril de 2016

VIVA O TEATRO !!!

Ola amigos e amigas, esta entrada é informativa, queremos anunciar o gran estreno da obra de teatro
 
VELAÍ VAI O PAPAVENTOS, non dubidedes en vir a vernos, pasaremos una velada fantástica.
 
Será este sábado 30 de Abril, na Casa Cultural de Guillarei ás 21:00 horas, ven a disfrutar do festival do Día da Nai connosco.
 
 
 

MÁIS CONTOS EN FAMILIA

Esta vez tivemos a visita da nai de Lorena e do pai de Carla Fernández, moitas grazas por compartir contos connosco.
 



 

martes, 26 de abril de 2016

ABRIL: MES DO LIBRO

Como o mes de ABRIL é considerado o mes do libro, quixemos facer moitas actividades relacionadas con contos.

Imos falar dos máis pequenos do noso cole, os rapaces e rapazas de Infantil.

Este mes houbo INTERCAMBIO DE LIBROS e tivemos a actividade de CONTOS EN FAMILIA, onde un familiar do neno ou nena viña a contarnos o seu conto favorito.




martes, 12 de abril de 2016

VISITA Á RESIDENCIA

Ola amiguiños,

como ben saberedes, a biblioteca do CEIP de Guillarei inscribiu ao alumnado voluntario de 5º e 6º curso no programa denominado BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, integrado no PLAN LÍA, máis concretamente no VOLUNTARIADO DE LECTURA-A. 
 
O luns 11 de Abril, escenificamos o conto AVÓS co alumnado voluntario de 5º curso, resultou unha experiencia moi bonita e enriquecedora. Os anciáns quedaron moi agradecidos da nosa visita, gustoulles moito a pequena escenificación e prometimos que volveríamos outro día, e nós encatados, por suposto.
 
 

AVÓS RESIDENCIA from Guillareta on Vimeo.

martes, 22 de marzo de 2016

INAUGURACIÓN "XOGOS OLÍMPICOS"

Este Entroido, celebramos a inauguración dos Xogos Olímpicos,  co percorrido da chama olímpica polos diferentes continentes, os gregos iniciaron o percorrido.

Despois de dar lectura ao xuramento olímpico, pasamos a facer un paseo polas rúas de Guillarei seguindo aos portaestandartes de cada país, había moitos deportistas: atletas, ciclistas, piragüistas...., e como non, tampouco faltaba a nosa mascota da biblioteca "Guillareta" que tamén estaba metida no percorrido.

Pasámolo moi, moi ben e comemos riquísimo coa repostería que trouxeron moitos pais e nais.
Aquí un pequeno resumo.

 

Entroido 2016 from Guillareta on Vimeo.

martes, 16 de febrero de 2016

PAZ OLÍMPICA





Este ano a Paz é olímpica no CEIP Plurilingüe de Guillarei, e por iso, traballamos os valores olímpicos, tan importantes para a nosa vida.







 
Fixemos un pequeño programa de Radio escolar, coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística, e representamos os aneis olímpicos co noso alumnado mentres escoitamos o himno olímpico do comité olímpico.






miércoles, 16 de diciembre de 2015

RECOMENDACIÓNS PARA NADAL

Éstas son as recomendacións para este Nadal, animádevos a pedirlle algún destes libros aos Reis Magos. Xa sabedes, que como o proxecto do cole deste ano son "Os xogos olímpicos e paralímpicos", temos libros relacionados coa temática.

FELIZ NADAL E PRÓSPERO ANO OLÍMPICO 2016