viernes, 28 de octubre de 2016

NO SAMAÍN, MEDO SEN FIN

 
 
Esta obra de arte foi feita polo alumando de 1º curso para representar o medo que pasaríamos durante esta semana .
 
 
 



Ademáis,  foi a semana de CONTOS DE MEDO na nosa biblioteca, o alumnado de 4º curso prepararon contos terroríficos, que contaron todos os días durante os recreos, para todo o alumnado do centro.

Aquí os monstruosos contacontos de 4º curso.


 

jueves, 27 de octubre de 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24  de Outubro foi o noso día, o día das bibliotecas escolares, e  este ano está adicado ás artes.
 
Os máis pequechos do cole atoparon na fermosa ilustración, as distintas artes que nela aparecen: música, escultura, fotografía, pintura, escritura, arquitectura e teatro.
 



 

martes, 18 de octubre de 2016

EMOCIÓNATE CON ARTE

 Ola a todos, este curso o proxecto que traballaremos en todo o cole chámase "Emociónate con arte", onde intentaremos expresar emocións e coñecelas algo máis a través do arte.
Para comezar, intentaremos coñecer as diferentes emocións e como nos fan sentir.
Temos una exposición de libros na biblioteca que falan de emocións que podedes ler e coller.
 
 
 
 
Algunhas emocións fánnos sentir moi ben, a ledicia, o amor... outras como a ira ou o enfado non tanto, pero podemos intentar controlalas, aquí tedes un video que vos pode axudar.
 
SÓLO RESPIRA
 

lunes, 6 de junio de 2016

FORMACIÓN DE USUARIOS 5º E 6º CURSOS

OLA AMIGUIÑOS!!!!
Aquí tedes a información precisa para coñecer un pouco máis a nosa biblioteca e como utilizala.

jueves, 19 de mayo de 2016

ENQUISA VALORACIÓN DA BIBLIOTECA PARA O ALUMNADO

Como ven sabedes, é moi importante para nós valorar o noso propio traballo, por isto pedimos que cubrades esta enquisa para poder mellorar cada curso escolar e adaptarnos mellor aos vosos gustos.

Enquisa para alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

viernes, 13 de mayo de 2016

VELAÍ VAI O PAPAVENTOS

Obra realizada polo alumnado de 6º curso de Primaria, unha adaptación do libro de Celia Díaz.



Aquí tedes unha das escenas da obra representada.

velaí vai o papaventos from Guillareta on Vimeo.