jueves, 30 de enero de 2020

ACTUACIÓN INTERCULTURAL - DÍA DA PAZ


🕊🕊🕊O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e a non Violencia. 🕊🕊🕊

Este ano no cole de Guillarei tivemos a sorte de recibir na biblioteca do centro a Vanessa, Alou, Ndeye Mbor e Papi, que forman o proxecto Mbolo Mooye Doole , e que nos ensinaron un xeito de atopar a Paz: a través da música e da danza. 💃 🕺 


 

Con eles cantamos, tocamos e bailamos música africana, e algo moi importante: aprendemos que a Paz está dentro de nós mesmos, temos que descubrila e compartila cos demais. Sorrir é un bo xeito de espallala 😊😊😊

 


 Está actividade realizouse grazas á colaboración da ANPA do CEIP de Guillarei de Tui !!

 

 

 

💚💙💜 Día da Paz e Non Violencia ❤️🧡💛

 

 Sacamos todos xuntos unha foto conmemorar o día da paz. 


O alumnado de 6º realizou un programa especial de radio escolar no que nos falou sobre como coidar o noso planeta para que sexa un mellor lugar para todos.

Tod@s xunt@s cantamos a canción "Fronteiras" de Guadi Galego, comprometéndonos a conseguir que todos os días sexan días de paz e sen violencia. 😊😊😊

 

domingo, 12 de enero de 2020

NOVA BIBLIOTECA

O Planeta de Guillareta estivo en obras durante as vacacións de Nadal. Durante un tempo seguiremos de mudanza. Todavía quedan moitas cousas por facer pero pouco a pouco irá collendo forma. 

Lembrade que podedes realizar o empréstito nas vosas bibliotecas de aula.

 

Aí vai un adianto do que andamos a argallar... 😜





Moitísimas gracias a Marcos e David, pais de alumn@s do cole, polo voso tempo e o voso esforzo!

martes, 10 de diciembre de 2019

AVENTURA ROBÓTICA

Recibimos unha visita moi especial estes días.

Uns novos inquilinos chegaron ao noso cole, e semella que é para quedarse a vivir con nós. 😊🤖😊🤖

VÍDEO DA MONTAXE.




 

 En breve, tamén poderedes gozar cos seguintes xogos. Botádelle unha ollada 👀👀









DE AGASALLO UN LIBRO

Remata o noso primeiro trimestre e chega o momento para descansar e gozar coas vosas familias. Aproveitade tamén para ler e vivir así moreas de novas aventuras.

Aquí tedes algunhas recomendacións de Guillareta.

Felices vacacións de Nadal! 🎄🎄😚








lunes, 2 de diciembre de 2019

VISITA DO ESCRITOR RICK SAMPEDRO


O luns 2 de decembro visitounos o escritor Rick Sampedro. Fixemos en lingua inglesa xogos moi divertidos sobre os seus tres libros que limos durante a hora de ler.

Os títulos elixidos foron: 📚
- Can I play?
- The kite
- Upside down.

Disfrutamos dunha experiencia diferente e gratificante.
Moitas grazas, Rick! 😊😊😊 





  


martes, 26 de noviembre de 2019

25 NOVEMBRO - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Tod@s unid@s contra a violencia de xénero.


 

Paricipamos na proposta do Concello "Tui Soña" coas seguintes siluetas con mensaxes positivas que dannos esperanza dun futuro libre de violencia de xénero. 

 



Ogallá nun futuro próximo non sigamos tendo que dar visibilidade a este tema. Porque todas e todos temos os mesmos dereitos, as mesmas libertades e as mesmas obligacións. 💜💜💜