lunes, 13 de marzo de 2023
Semana da Prensa 2023
sábado, 11 de febrero de 2023
Hoxe, 11 de febreiro, é o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Este ano celebrámolo máis que nunca, xa que dentro do noso proxecto de centro estivemos investigando e traballando a figura de varias mulleres científicas: Maria Sibylla Merian, precursora da entomoloxía; Cecilia Payne, astrónoma e astrofísica; e Ángeles Alvariño, oceanógrafa.
Grazas a elas pola súa aportación á ciencia e por abrir camiño ás que viñan detrás.
Seguiremos loitando para que todas as nenas poidan cumplir os seus soños en calquera ámbito, tamén no mundo da ciencia.
Feliz día!!
jueves, 22 de diciembre de 2022
Recomendacións de Nadal
Este Nadal descansade, pasade tempo coa familia, xogade moito, e se vos presta, aquí vos deixamos unhas ideas de libros que podedes ler.
Boas Festas!!
martes, 6 de diciembre de 2022
Parada en decembro
O noso tren da ciencia chegou á parada do mes de decembro, onde atopamos a Cecilia Payne. Sabedes quen é? Qué sorte contar coa mestra Vanesa, que nos elaborou este traballiño tan chulo para que empecemos a coñecela. Subide ao tren, que imos chegar ás estrelas!!
viernes, 2 de diciembre de 2022
miércoles, 16 de noviembre de 2022
Subide ao tren,
que arrancamos o proxecto coa nosa primeira científica!
Dedicámoslle o mes novembro a Mª Sybilla Merian. Aquí vos deixamos este traballo que fixo a mestra Vanesa para que saibades quen foi e por qué é tan importante a súa contribución á ciencia.









































