martes, 26 de marzo de 2024

Día Mundial da Auga

O 22 de marzo é o Día Mundial da Auga, e por suposto que o celebramos!!

Traballamos na aula o consumo sostible da auga, a partir das premisas "qué podo facer eu para aforrar auga", "cómo reducir o consumo de auga en casa, no cole.."
 
Cada nena e cada neno escribiu e/ou debuxou nunha gota de auga a súa conclusión e colgámolas todas nun fermoso parasol.
A que nos quedou precioso?


 

Xornal da Auga

Este ano a Semana da Prensa coincidiu na do 4 ao 8 de marzo. Durante esa semana e practicamente todo o mes de marzo, traballamos nas aulas cos xornais. Estivemos lendo, resumindo, buscamos novas sobre temas que nos interesaban, traballamos cales son as seccións dun xornal, a estrutura dunha noticia...

A partir da pescuda de información, e tamén botándolle un pouco de imaxinación, elaboramos novas relacionadas coa auga e montamos o noso xornal da auga. 
Agardamos que vos guste tanto coma a nós.

 


 

sábado, 24 de febrero de 2024

Día de Rosalía de Castro

Para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro, en colaboración co EDLG, as nenas e nenos de 5º e 6º de Educación Infantil traballaron a figura de Rosalía e ilustraron en equipo un poema dela. 

En Educación Primaria traballamos outros poemas, entre eles Negra Sombra, que despois escoitamos pola radio na versión de Carlos Núñez e Luz Casal.

Tamén nese día, o 23 de febreiro, recibimos unha visita moi especial: a mesmísima Rosalía pasou polo cole para contarnos a súa historia e animarnos a escribir e a ler poesía.


 


viernes, 9 de febrero de 2024

Entroido

Este ano tomámonos moi en serio o proxecto do centro para celebrar o Entroido. A auga nos seus diferentes estados estivo presente en todos os disfraces. 

En Educación Infantil a auga da chuvia coincidiu co sol para formar uns fermosísimos Arcos da vella.

No primeiro ciclo de EP as Nubes cargadiñas de auga foron as protagonistas.

3º e 4º de EP convertéronse en azuis e brillantes Pingas de auga.

5º e 6º conxeláronse e volvéronse luminosas Folerpas.

E os/as mestres/as tivemos que resgardarnos debaixo do paraugas para non mollarnos.

A que lucimos ben?! 

Que pasedes un feliz Entroido. E se chove.. que chova!!

viernes, 2 de febrero de 2024

Acompañamento lector

Para conmemorar o día da Paz, o 30 de xaneiro, fixemos o 2º apadriñamento lector deste curso. Nenos e nenas de 4º, 5º, e 6º escolleron un conto da biblioteca e contáronllelo aos nenos/as de EI, 1º, 2º e 3º que lles tocaron.





En agradecemento, os/as pequenos/as pintaron uns marcadores da Paz para agasallar aos/ás que lles leron.


Ao rematar a lectura todos os nenos/as recibiron como agasallo un libro que puideron escoller na biblioteca. 









jueves, 21 de diciembre de 2023

Recomendacións de Nadal

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para estas vacacións. Por se queredes encargarlle libros ao Apalpador, aos Reis Magos, a Santa Claus.. a quen sexa, o caso é que nos traian boas lecturas..

Felices Festas a todas e todos!! 🎄🎄🎶📚📚





lunes, 18 de diciembre de 2023

Gústavos a nosa porta?

Mirade qué chula nos quedou a porta da Biblioteca para o Nadal. As familias poderedes atravesala o próximo xoves ás 12h, se vides ao festival. Estamos encantadas de recibirvos!