miércoles, 19 de diciembre de 2012

EN CABÁRCENO SE OYE CANTAR


Onte tivemos na nosa biblioteca a presentación do libro de Susa Herrera "En cabárceno se oye cantar", nesta ocasión Susa contou coa colaboración da nosa profe de música, Tere.
É un libro con cancións moi divertidas  e inxeniosas sobre os animais que hai no Parque de Cabárceno.
Pasámolo todos de marabilla!!!!



Aquí temos un pequeno exemplo das grandes voces artísticas que temos en Guillarei.


lunes, 17 de diciembre de 2012

RECOMENDACIÓNS PARA ESTE NADAL

Xa estamos entrando nunhas datas especiais, onde é costume facer regaliños, recorda que un bo agasallo é un bo libro. Aquí tedes algunhas das nosas recomendacións. FELICES FESTAS!!!!

martes, 4 de diciembre de 2012

OBRADOIRO DE INTERCULTURALIDADE

Hoxe o alumnado de 6º de Primaria asistiu a un Obradoiro moi interesante de interculturalidade na nosa biblioteca.


domingo, 25 de noviembre de 2012

ACHÉGATE Á BANDA DESEÑADA

Ola a todos e todas!!!!
Na nosa Biblioteca Escolar temos unha nova exposición de banda deseñana, a cal poderedes disfrutar durante quince días.
Non o dubides e achégate á exposición para sumerxirte nas aventuras de Tintín, Astérix e Obélix e incluso de Código Lyoko.




miércoles, 31 de octubre de 2012

VAIA MEDO!!!!!

BUUUUHHHHH!!!
 Hoxe celebramos no Centro o Magosto, pero tamén Halloween e o Samaín. Na nosa biblioteca organizamos unha pequena exposición de libros de terror e medo, que os rapaces do centro visitaron ao longo de varios días.
Hoxe, acercáronse varios fantasmas, monstros e demáis seres terroríficos a visitala.

lunes, 29 de octubre de 2012

ONDE VIVEN OS MONSTROS

Co gallo do Dia das Bibliotecas Escolares, o 24 de Outubro os pequenos de 6º de Infantil viñeron á biblioteca para ver e escoitar o conto "Onde viven os monstros"

 
 
 
Os rapaces estiveron absortos con tal emocionante historia. Xa para rematar, adicáronse a colorear personaxes do conto. Pasárono xenial!!!!!
 

miércoles, 10 de octubre de 2012

I xornadas "LENDO NA CASA"

Ola a todos, dende a nosa biblioteca queremos animárvos a participar nas I xornadas "Lendo na Casa" que se organiza dende a Biblioteca Municipal de Tui para conmemorar o Día das Bibliotecas. Haberá contacontos para os rapaces e interesantes obradoiros para pais e nais.

martes, 2 de octubre de 2012


BENVIDOS E BENVIDAS!!!    
 Ola, nenos, nenas e familias! Acabáronse as vacacións e agora toca comezar un novo curso. Desde este planeta, o Claustro de profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un estupendo curso 2012/2013.
Seguro que estades desexando atopar aos compañeir@s, contar todo o que fixestes, coñecer as novidades do cole... Eu, Guillereta a marciana máis xenial, agárdovos na biblioteca pois xa estou argallando cousas moi divertidas para vós. Estade atentos as miñas noticias.
BENVIDOS E BENVIDAS!!!
Ola, nenos, nenas e familias! Acabáronse as vacacións e agora toca comezar un novo curso. Desde este planeta, o Claustro de profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un estupendo curso 2012/2013. Seguro que estades desexando atopar aos compañeir@s, contar todo o que fixestes, coñecer as novidades do cole... Eu, Guillereta a marciana máis xenial, agárdovos na biblioteca pois xa estou argallando cousas moi divertidas para vós. Estade atentos as miñas noticias.

martes, 5 de junio de 2012

LIBROS PARA AS VACACIÓNS

O curso remata e é a hora de que todos os libros volvan a a biblioteca e repousen un par de días para volver as vosas mans, lectores incansables. Coma sempre antes de rematar o curso cada alumno poderá levar en préstamo 3 libros para amenizar verán. ANIMÁDEVOS A VISITAR A BIBLIOTECA

miércoles, 22 de febrero de 2012

o noso entroido


                                                        Os monecos de neve de infantil



101 Dálmatas e as súas cruelas


Un xardín cheo de flores

Froitas e froiteiros



Camareiros e camareiras



Un equipo de "feridos" e animadoras
                                                                      A FESTA












A deus ao Meco, punto final

AS PREVIAS DO CARNAVAL


O Meco manda..... poñer algo na cabeza


O Meco


Facendo o Meco