jueves, 19 de mayo de 2016

ENQUISA VALORACIÓN DA BIBLIOTECA PARA O ALUMNADO

Como ven sabedes, é moi importante para nós valorar o noso propio traballo, por isto pedimos que cubrades esta enquisa para poder mellorar cada curso escolar e adaptarnos mellor aos vosos gustos.

Enquisa para alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

viernes, 13 de mayo de 2016

VELAÍ VAI O PAPAVENTOS

Obra realizada polo alumnado de 6º curso de Primaria, unha adaptación do libro de Celia Díaz.



Aquí tedes unha das escenas da obra representada.

velaí vai o papaventos from Guillareta on Vimeo.

MANUEL MARÍA

Como ven sabedes, o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas é Manuel María, aquí tedes a nosa aportación para a Feira do Libro de Tui e para o TUI LE, actividade que será o vindeiro 18 de Maio na Praza de San Fernando, onde participará o alumnado de 3º e 4º de Primaria. Pronto colgaremos os resultados do evento.
 

miércoles, 11 de mayo de 2016

O MEU LIBRO FAVORITO

Dentro das actividades do Día do Libro, estaba que o alumnado nos dixera a través dunha breve reseña e un debuxo cal era o seu libro favorito.

Aquí algunas das preferencias do nosos pequenos grandes lectores.






jueves, 5 de mayo de 2016

OLYMPIC GAMES OF ANTIQUITY

Traballo para realizar o alumnado de 6º curso de Primarira en relación ao proxecto que traballamos este ano.



miércoles, 4 de mayo de 2016

OBRA 2º CURSO: EL ÁRBOL MIEDOSO

Aquí presentamos o estreno desta obra baseada no libro "El árbol miedoso" de Inmaculada Díaz Benítez.
 
O alumnado de 2º curso de Primaria, protagonistas desta obra, estaban moi nerviosos, pero ao mesmo tempo, moi ilusionados polos espectadores tan especiais que a ían contemplar: os compañeiros do Centro Específico ACEESCA de Porriño, onde temos a un alumno en escolarización combinada e, por suposto, os papás, mamás e familiares.

PARABÉNS RAPACES E RAPAZAS, FIXÉSTELO FENOMENAL!!!!
 
 

El árbol miedoso from Guillareta on Vimeo.