Coma todos os anos, tódolos cursos realizan a súa tarxeta de Nadal, a escollida será a que se utilizará para desexar unhas boas festas a toda a Comunidade Educativa.
Este ano, como o noso proxecto é sobre arte, as tarxetas están inspiradas en diferentes cadros famosos.
ESTES NENOS E NENAS ESTÁN FEITOS UNS ARTISTAS!!!
Arte polo Nadal on PhotoPeach
lunes, 19 de diciembre de 2016
RECOMENDACIÓNS DE NADAL 2016
Xa rematando o ano, aquí estamos de novo coas nosas recomendacións para este Nadal artístico.
BO NADAL E FELICES LECTURAS
jueves, 1 de diciembre de 2016
EXPERIMENTANDO COAS CORES
Seguindo coas actividades do MES DA CIENCIA, tócanos agora experimentar coas cores, esta vez, os mais pequenos do cole convertéronse en científicos e fixeron pequenos experimentos artísticos: a botella da calma, o efecto do colorante do leite, comprobaron a densidade das cores e observaron as burubullas de colorante en auga e aceite.
Pasámolo fenomenal!!!!
EXPERIMENTANDO COAS CORES on PhotoPeach
Pasámolo fenomenal!!!!
EXPERIMENTANDO COAS CORES on PhotoPeach
jueves, 24 de noviembre de 2016
COMPROMISO COA TERRA
Este pasado mércores tivemos a fortuna de ter a visita de CHUS LAGO, alpinista viguesa que viu acompañada de Vero, a cal vai ser unha das súas compañeiras na próxima aventura, COMPROMISO COA TERRA, na cal irán a Groenlandia para facernos ver como se derriten os casquetes polares e concienciarnos da importancia de coidar o noso planeta.
Os alumnos do cole estiveron buscando información sobre Chus e sobre o que ía facer. Aquí temos alguna información recompilada polo alumnado de 1º e 2º curso.
Quedamos encantados coa súa visita, todo un exemplo de sacrifio e superación.
MOITA SORTE NA TÚA PRÓXIMA AVENTURA
martes, 8 de noviembre de 2016
MAGOSTO CON ARTE
Este pasado luns celebramos o Magosto, como este ano estamos feitos uns artistas, os rapaces e rapazas crearon uns fantásticos portacastañas, auténticas obras de arte.
Ademais, crearon as súas propias pinturas, baseadas en cadros de pintores galegos, nos que se representaba dalgún xeito, a fermosa estación do ano nas que nos atopamos, O OUTONO.
viernes, 28 de octubre de 2016
NO SAMAÍN, MEDO SEN FIN
Esta obra de arte foi feita polo alumando de 1º curso para representar o medo que pasaríamos durante esta semana .
Ademáis, foi a semana de CONTOS DE MEDO na nosa biblioteca, o alumnado de 4º curso prepararon contos terroríficos, que contaron todos os días durante os recreos, para todo o alumnado do centro.
Aquí os monstruosos contacontos de 4º curso.
jueves, 27 de octubre de 2016
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O 24 de Outubro foi o noso día, o día das bibliotecas escolares, e este ano está adicado ás artes.
Os máis pequechos do cole atoparon na fermosa ilustración, as distintas artes que nela aparecen: música, escultura, fotografía, pintura, escritura, arquitectura e teatro.
martes, 18 de octubre de 2016
EMOCIÓNATE CON ARTE
Ola a todos, este curso o proxecto que traballaremos en todo o cole chámase "Emociónate con arte", onde intentaremos expresar emocións e coñecelas algo máis a través do arte.
Para comezar, intentaremos coñecer as diferentes emocións e como nos fan sentir.
Temos una exposición de libros na biblioteca que falan de emocións que podedes ler e coller.
Algunhas emocións fánnos sentir moi ben, a ledicia, o amor... outras como a ira ou o enfado non tanto, pero podemos intentar controlalas, aquí tedes un video que vos pode axudar.
SÓLO RESPIRA
lunes, 6 de junio de 2016
FORMACIÓN DE USUARIOS 5º E 6º CURSOS
OLA AMIGUIÑOS!!!!
Aquí tedes a información precisa para coñecer un pouco máis a nosa biblioteca e como utilizala.
Aquí tedes a información precisa para coñecer un pouco máis a nosa biblioteca e como utilizala.
jueves, 26 de mayo de 2016
jueves, 19 de mayo de 2016
ENQUISA VALORACIÓN DA BIBLIOTECA PARA O ALUMNADO
Como ven sabedes, é moi importante para nós valorar o noso propio traballo, por isto pedimos que cubrades esta enquisa para poder mellorar cada curso escolar e adaptarnos mellor aos vosos gustos.
Enquisa para alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
Enquisa para alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
viernes, 13 de mayo de 2016
VELAÍ VAI O PAPAVENTOS
Obra realizada polo alumnado de 6º curso de Primaria, unha adaptación do libro de Celia Díaz.
Aquí tedes unha das escenas da obra representada.
Aquí tedes unha das escenas da obra representada.
velaí vai o papaventos from Guillareta on Vimeo.
MANUEL MARÍA
Como ven sabedes, o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas é Manuel María, aquí tedes a nosa aportación para a Feira do Libro de Tui e para o TUI LE, actividade que será o vindeiro 18 de Maio na Praza de San Fernando, onde participará o alumnado de 3º e 4º de Primaria. Pronto colgaremos os resultados do evento.
miércoles, 11 de mayo de 2016
O MEU LIBRO FAVORITO
Dentro das actividades do Día do Libro, estaba que o alumnado nos dixera a través dunha breve reseña e un debuxo cal era o seu libro favorito.
Aquí algunas das preferencias do nosos pequenos grandes lectores.
Aquí algunas das preferencias do nosos pequenos grandes lectores.
jueves, 5 de mayo de 2016
OLYMPIC GAMES OF ANTIQUITY
Traballo para realizar o alumnado de 6º curso de Primarira en relación ao proxecto que traballamos este ano.
miércoles, 4 de mayo de 2016
OBRA 2º CURSO: EL ÁRBOL MIEDOSO
Aquí presentamos o estreno desta obra baseada no libro "El árbol miedoso" de Inmaculada Díaz Benítez.
O alumnado de 2º curso de Primaria, protagonistas desta obra, estaban moi nerviosos, pero ao mesmo tempo, moi ilusionados polos espectadores tan especiais que a ían contemplar: os compañeiros do Centro Específico ACEESCA de Porriño, onde temos a un alumno en escolarización combinada e, por suposto, os papás, mamás e familiares.
PARABÉNS RAPACES E RAPAZAS, FIXÉSTELO FENOMENAL!!!!
PARABÉNS RAPACES E RAPAZAS, FIXÉSTELO FENOMENAL!!!!
El árbol miedoso from Guillareta on Vimeo.
jueves, 28 de abril de 2016
VIVA O TEATRO !!!
Ola amigos e amigas, esta entrada é informativa, queremos anunciar o gran estreno da obra de teatro
VELAÍ VAI O PAPAVENTOS, non dubidedes en vir a vernos, pasaremos una velada fantástica.
Será este sábado 30 de Abril, na Casa Cultural de Guillarei ás 21:00 horas, ven a disfrutar do festival do Día da Nai connosco.
MÁIS CONTOS EN FAMILIA
Esta vez tivemos a visita da nai de Lorena e do pai de Carla Fernández, moitas grazas por compartir contos connosco.
martes, 26 de abril de 2016
ABRIL: MES DO LIBRO
Como o mes de ABRIL é considerado o mes do libro, quixemos facer moitas actividades relacionadas con contos.
Imos falar dos máis pequenos do noso cole, os rapaces e rapazas de Infantil.
Este mes houbo INTERCAMBIO DE LIBROS e tivemos a actividade de CONTOS EN FAMILIA, onde un familiar do neno ou nena viña a contarnos o seu conto favorito.
Imos falar dos máis pequenos do noso cole, os rapaces e rapazas de Infantil.
Este mes houbo INTERCAMBIO DE LIBROS e tivemos a actividade de CONTOS EN FAMILIA, onde un familiar do neno ou nena viña a contarnos o seu conto favorito.
martes, 12 de abril de 2016
VISITA Á RESIDENCIA
Ola amiguiños,
AVÓS RESIDENCIA from Guillareta on Vimeo.
como ben saberedes, a biblioteca do CEIP de Guillarei inscribiu ao alumnado voluntario de 5º e 6º curso no programa denominado BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, integrado no PLAN LÍA, máis concretamente no VOLUNTARIADO DE LECTURA-A.
O luns 11 de Abril, escenificamos o conto AVÓS co alumnado voluntario de 5º curso, resultou unha experiencia moi bonita e enriquecedora. Os anciáns quedaron moi agradecidos da nosa visita, gustoulles moito a pequena escenificación e prometimos que volveríamos outro día, e nós encatados, por suposto.
AVÓS RESIDENCIA from Guillareta on Vimeo.
martes, 22 de marzo de 2016
INAUGURACIÓN "XOGOS OLÍMPICOS"
Este Entroido, celebramos a inauguración dos Xogos Olímpicos, co percorrido da chama olímpica polos diferentes continentes, os gregos iniciaron o percorrido.
Despois de dar lectura ao xuramento olímpico, pasamos a facer un paseo polas rúas de Guillarei seguindo aos portaestandartes de cada país, había moitos deportistas: atletas, ciclistas, piragüistas...., e como non, tampouco faltaba a nosa mascota da biblioteca "Guillareta" que tamén estaba metida no percorrido.
Pasámolo moi, moi ben e comemos riquísimo coa repostería que trouxeron moitos pais e nais.
Aquí un pequeno resumo.
Aquí un pequeno resumo.
Entroido 2016 from Guillareta on Vimeo.
martes, 16 de febrero de 2016
PAZ OLÍMPICA
Este ano a Paz é olímpica no CEIP Plurilingüe de Guillarei, e por iso, traballamos os valores olímpicos, tan importantes para a nosa vida.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)