viernes, 28 de mayo de 2021

AGUS Y LOS MONSTRUOS REVOLUCIONAN AOS NENOS E NENAS DE SEGUNDO

 Os rapaces e rapazas de segundo queren compartir convosco o seu novo gran descubrimento... a colección de Agus y los monstruos.


lunes, 24 de mayo de 2021

RECENTEMENTE CHEGADOS AO PLANETA DE GUILLARETA

 

ITINERARIO LECTOR EN LINGUA INGLESA

No Planeta de Guillareta, non hai nada que se lle resista aos rapaces e rapazas. 

Durante a hora de ler, os grupos de terceiro, cuarto, quinto e sexto lanzáronse á lectura en lingua inglesa. Parabéns!👏👏👏



OS FANTÁSTICOS LECTORES DE SEGUNDO

 O grupo de segundo demostra día a día a súa ilusión por coñecer novos títulos de libros e de mellorar e gozar da lectura. Aquí tedes unha mostra dos seus cadernos lectores.





sábado, 15 de mayo de 2021

TUI LE

 Un ano máis as bibliotecas escolares de Tui, xunto coa biblioteca municipal de Tui e de Valenca, festexan a XII edición do Tui Le, de novo en liña.

A nosa aportación na lectura dos poemas da obra Vento, ventiño, venteiro de Antonio García Teijeiro podedes vela no seguinte vídeo.


E tivemos a sorte de recibir o agasallo de Antonio García Teijeiro que saudounos e recitounos uns versos de Poemar o mar.


viernes, 14 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021 - XELA ARIAS

 Os rapaces e rapazas de sexto de primaria sorprendéronnos coa realización deste impresionante mural que homenaxea a figura de Xela Arias.

Uns auténticos artistas! 🎨👏👏👏

Fixemos unha recopilación das vosas aportacións sobre as palabras máis bonitas na nosa lingua. Aí van algunhas... 😉


 



 

miércoles, 12 de mayo de 2021

PROXECTO INFANTIL

 Os nenos e nenas de educación infantil estiveron investigando sobre magos e bruxas. Podedes ver unha mostra do seu traballo.

Parabéns aprendices de magos! 🎩🎩👏👏👏



lunes, 3 de mayo de 2021

COÑECEMOS A HARRIET MUNCASTER E... E MARY POPE OSBORNE.

 


 

CLUB DE LECTURA EN 3º PRIMARIA - HARRY POTTER E A PEDRA FILOSOFAL

 O alumnado de terceiro lanzouse ao mundo máxico da man de Harry Potter durante as sesións da hora de ler. Xuntos poideron gozar das súas páxinas e vivir as aventuras de Harry e os seu amigos coma uns auténticos magos.

Ao finalizar realizaron o visionado do film en pantalla grande.

Noraboa lectores polo voso avance no mundo máxico da lectura! 👏👏👏