viernes, 28 de febrero de 2020

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Hoxe recibimos no noso cole a visita dos Arroases, sete nen@s que a través das súas aventuras descobren os múltiples beneficios do consumo equilibrado de productos do mar.

 

"O sabor da aventura está no mar" é un programa proposto pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar de Galicia entre o alumnado e de incidir e equilibrar a súas dietas. 🥘 🐠

 

Agora xa coñecemos as moitas vantaxes que ten incluir peixe na nosa dieta, polo que xa non temos escusas para non comelo de xeito regular. ☺️☺️☺️




ANIMALTROIDO 2020

 





miércoles, 19 de febrero de 2020

CÉ PANTASMA


O mércores pasado tivemos a sorte de recibir na escola a Cé orquestra pantasma 👻 con todos os seus instrumentos e a súa Xoaniña Voadora 🐞 que nos fixo cantar 🎤 , bailar 🕺💃, brincar e converternos en xoaniña 🐞 , en grilo 🦗 , en coello 🐰 , en burro...

Aquí vos deixamos algunhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos!

 

 















miércoles, 5 de febrero de 2020

FAITE BOOKTUBER

🌟🌟🌟 BOOKTUBERS🌟🌟🌟

Nova sección na web do cole!!

Os nosos pequenos artistas non dubidan en converterse en “influencers” da lectura. 😎😎😎

Non tes claro cal será o teu seguinte libro 📖?

Pois escoita as súas recomendacións e seguro que atopas resposta!


 Aquí tedes aos youtubers!

  https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipguillarei/?q=node%2F405