viernes, 27 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Hoxe é o Día Mundial do Teatro. Lembra a apertura do Teatro das Nacións en París.

 

Nas redes preséntase actividades que conmemoran esta data.

 

Aquí tedes algunhas...

 A GALIÑA AZUL

https://drive.google.com/file/d/1cHyOQrForMQzxkMXkWjPjtg-6JBcYxuX/view

 GALIX

 

http://www.galix.org/2020/03/teatro-infantil-galego-no-dia-mundial.html

 



jueves, 26 de marzo de 2020

O MONSTRO DE CORES E O CORONAVIRUS


Compartimos o vídeo do conto O monstro de cores. Esta vez o protagonista, creado por Anna Llenas, explícanos que é o coronovirus, e as emocións que nos pode levar esta circunstancia.

O conto está narrado por voces infantiles e lles anima a seguir en casa, e "así todos juntos al arcoiris volveremos a ver brillar". 🌈🌈😀

 


martes, 24 de marzo de 2020

DEIXOUNOS ALBERT URDEZO

Faleceu, o coautor e debuxante de Axtérix e Obélix, Albert Urdezo.


Muere Albert Uderzo, el creador de Astérix

Xa sabedes que na biblioteca, cando voltemos, podedes seguir gozando coas súas aventuras.

 

Polo momento, aquí tedes dúas películas.

 









PANDEMIA DE CONTOS

O COLECTIVO NOGA e AEDA Narración Oral pon a nosa disposición contos en galego para ver e escoitar durante estes días que temos que estar na casa.

Non perdades esta oportunidade! 😀

 

AEDA Narración Oral 

 

COLECTIVO NOGA

 

https://narracionoral.es/images/logos/logo_castellano.jpghttps://yt3.ggpht.com/a/AATXAJyek126oSEQ92pcfXDh74vnWifN8Bt482oieA=s100-c-k-c0xffffffff-no-rj-mo

As botas por Cris de Caldas

 


Pelos tortos por Atenea García

   

jueves, 19 de marzo de 2020

TODO IRÁ BEN

 Ola a todas e todos!

Esperamos que vos atopedes ben, que estedes tranquilos nas vosas casiñas e que levedes estes días o mellor posible. 💪💪

Dende o Planeta de Guillareta queremos acompañarvos para que o tempo pase un pouquiño máis rápido. 

Pensade que agora tedes a posibilidade de pasar máis tempo coas vosas familias e a gran sorte de que, moitos de vós, podedes gozar dos patios, hortos, xardíns... que tedes nas vosas casas 🏡 e que nas cidades non teñen.

Aproveitade para ler 📚, escribir,debuxar, pintar e xogar.

Iremos deixándovos algunhas ligazóns. 

 Ánimo a tod@s!!! 🌈🌈🌈

 

Mirade o conto Rosa contra el virus.

 

 

O médico e escritor Víctor Espiga explica a importancia do confinamento para axudar a controlar a pandemia causada polo coronavirus.



E algo de música para animarnos... 🎵🎶🎵🎶



TODO IRÁ BEN! 😉😉

miércoles, 11 de marzo de 2020

VISITOUNOS ANXO MOURE

O Planeta de Guillareta recibiu ao gran escritor e contacontos galego...

ANXO MOURE 👏👏👏

Coa actividade "O barqueiro dos ríos" promóvese que os nen@s tomen conciencia do coidado do río e da auga. Estivo financiada pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.








lunes, 9 de marzo de 2020

COMERCIO XUSTO

A semana pasada o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria recibiu unha sesión informativa sobre o comercio xusto.

 

A través de pequenos xogos intentamos poñernos na pel dos traballadores do sector primario e coñecemos as inxustizas que estes sofren a diario.

 

Por iso, cando imos mercar, ademáis do prezo, temos que ter en consideración outros factores e tentar consumir produtos locais, produtos co selo de mercado xusto...

 

Ao final tod@s chegamos á mesma conclusión: 

 

A tod@s nos gusta que valoren o noso traballo de forma xusta!!

 





 

domingo, 8 de marzo de 2020

8 MARZO - MULLERES SENLLEIRAS 2020



A praza do Concello acolleu o venres o acto institucional da campaña “Somos e seremos Inmarcescibles” para conmemorar en Tui o Día Internacional da Muller. 

A lectura dun manifesto, poesía e a presentación dalgunhas das Mulleres Senlleiras 2020 centraron o evento realizado. Estiveron presentes alumnado dos diferentes centros para presentar as súas mulleres senlleiras.

 

 👩🏻👦🏼Na representación do noso cole estiveron Lorena e Gabriel, que homenaxearon a súa bisavoa e avoa respectivamente. 🥰🥰🥰





 E no Planeta de Guillareta temos moitas sorpresas, 

achegádevos a descubrilas... 💜💜💜🌟🌟🌟



 


 


jueves, 5 de marzo de 2020

SAÍMOS NO XORNAL


Que sorpresa e alegría levamos, cando se achega o día da prensa, ao descubrir que a Carreira Solidaria do CEIP de Guillarei aparece no suplemento Campeones do Faro de Vigo. 🤩🤩🤩