martes, 29 de abril de 2014

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

O QUIXOTE

Para conmemorar esta data tan especial para as bibliotecas, organizamos un concurso no que o noso alumnado tiña que adiviñar vendo as viñetas expostas na entrada da nosa biblioteca, a que capítulo do libro do Quixote pertencían os debuxos.
Houbo moito interese, e foron moitos os que se acercaron á biblioteca a ollar os exemplares do Quixote para resolver tal enigma. 



Aquí temos aos gañadores do concurso, moitas felicidades e grazas a todos e todas por participar.


jueves, 3 de abril de 2014

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DE LA CONCIENCIACIÓN SOBRE EL AUTISMO.

Hoxe, tamén é unha data moi importante, o DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO.

Transtorno do espectro autista, chámase precisamente espectro porque os casos poden variar moito, algúns nenos poden ser moi cariñosos e outros evitar absolutamente calquera contacto físico, algúns falan moito e outros non falan nada.
Intentar coñecer un pouquiño máis sobre eles é unha maneira de respetalos e poder tratar mellor con eles.
Aquí tedes un video do que podedes conseguir aprender un pouquiño sobre este transtorno.

2 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO INFANTIL

Ola a todos!!
A nosa biblioteca participou, xunto con moitos coles do municipio, na festividade de TUI LE. Fixemos a nosa letra, o G, para poder formar entre todos os centros o lema
"SEGUIDE LENDO".






Fomo s ao Claustro da Catedral de Tui e os alumnos de Infantil, 1º e 2º curso cantaron a canción do "Pitiño", mentres que o alumnado de 3º e 4º curso bailaron o "Xogo da Carrasquiña".





E ao rematar, fixemos o Intercambio de Libros.