martes, 27 de marzo de 2018

POR UN UNIVERSO EN... GALEGO

Na entrada do cole, o equipo de mestras de normalización da lingua galega, montou unha super exposición dos seixos que se pintaron nas aulas.


Podedes observar verdadeiras producións artísticas! 🎨🎨

Botade un bo ollo! 👀😜





Seixos de 1º primaria

lunes, 26 de marzo de 2018

VIAXAMOS AO ESPAZO

Guillareta rebuscou e rebuscou... e atopou moitos libros onde poderás obter información sobre o universo. 

Achégate e poderás realizar unha incrible viaxe polo espazo!🌞🌎🌟🌠🔭












lunes, 19 de marzo de 2018

DÍA DA POESÍA


   O día 21 de marzo conmemoramos o Día da Poesía, durante toda a semana podedes acudir á biblio e botar unha ollada aos libros de poemas que temos.







lunes, 12 de marzo de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo é unha data que nos lembra o moito que todavía temos que facer para conseguir a igualdade entre homes e mulleres no mundo.

Os rapaces e rapazas de quinto de primaria realizaron este estupendo percorrido por algunhas das pioneiras da historia da humanidade.































E os nenos e nenas de cuarto de primaria realizaron unha mostra de importantes mulleres que realizaron grandes inventos.


 




Dentro do proxecto de centro, realizouse na biblio o visionado do filme "Figuras ocultas" para o alumnado de 4º, 5º e 6º. Posteriormente, e xa nas aulas,  un fórum sobre a película. 🎬


viernes, 9 de marzo de 2018

SEMANA DA PRENSA

O Planeta de Guillareta inúndase de xornais para mostrarnos o que pasa no noso país e no mundo. 





Tivemos na nosa man non só xornais nacionais senón tamén internacionais. 




















E revistas de variadas temáticas.



Non perdades a oportunidade de disfrutalos! 📰👀


Mostra realizada polo alumnado de 6º educación primaria.

Parabéns á rapazada de 6º! 👏👏👏👏



lunes, 5 de marzo de 2018

PRÉSTAMO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI

   Para poder avanzar co noso proxecto a Biblioteca Municipal de Tui emprestounos fondos relacionados co universo. 


   Todos os libros percorrerán as aulas para que os nenos e nenas os poidan ler, observar e curiosear... 🔍



Agradecemos a súa colaboración! 📘📗📙👏👏👏

jueves, 1 de marzo de 2018

VAI DE PIRATAS!

   Os nenos e nenas elexiron para comezar un dos itinerarios lectores o libro Dez piratas.

   Gozaron moito coa súa lectura e coas actividades realizadas.




    Ao pensar en piratas, non podemos deixar de facer referencia á Canción de José de Espronceda...