jueves, 22 de diciembre de 2022

Recomendacións de Nadal

Este Nadal descansade, pasade tempo coa familia, xogade moito, e se vos presta, aquí vos deixamos unhas ideas de libros que podedes ler.

Boas Festas!!


 

martes, 6 de diciembre de 2022

Parada en decembro

O noso tren da ciencia chegou á parada do mes de decembro, onde atopamos a Cecilia Payne. Sabedes quen é? Qué sorte contar coa mestra Vanesa, que nos elaborou este traballiño tan chulo para que empecemos a coñecela. Subide ao tren, que imos chegar ás estrelas!!


 






 

 

viernes, 2 de diciembre de 2022

miércoles, 16 de noviembre de 2022

Subide ao tren,

que arrancamos o proxecto coa nosa primeira científica!

Dedicámoslle o mes novembro a Mª Sybilla Merian. Aquí vos deixamos este traballo que fixo a mestra Vanesa para que saibades quen foi e por qué é tan importante a súa contribución á ciencia.






 

viernes, 4 de noviembre de 2022

Novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas.

Estas son as actividades que nos propón a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.



































 

 

miércoles, 2 de noviembre de 2022

O Bookflix de Guillareta

Queredes coñecer as novidades da biblioteca?

Cada mes iremos cambiando a nosa carteleira de recomendacións. Organizámolas por ciclos e deixamos un apartado especial para a ciencia, eixe central do proxecto de centro deste curso.

Felices lecturas!!


 

 

jueves, 23 de junio de 2022

Recomendacións lectoras para o verán

     Aquí vos deixamos as recomendacións en galego, castelán e inglés para este verán. Paseade, xogade, ide á praia, saltade, xogade moitísimo, e lede un pouquiño todos os días!!

     Felices vacacións!!! 🌞🌊🎵🎈🏀📖





sábado, 23 de abril de 2022

Día do Libro 2022

 
Hoxe, 23 de abril, é o Día do Libro. Nós xa o celebramos onte participando no Tui Le, que organiza o Concello de Tui e que recuperou a presencialidade que tantas ganas tiñamos. 

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria, estivo traballando a figura de Eva Mejuto, escritora galega de literatura infantil e xuvenil da que coñecemos moitos contos. 
Ademais de elaborar este fermoso cartel, prepararon unha presentación da autora e dúas cancionciñas de dous dos seus libros: Maruxa (con música de Almudena Janeiro) e Dez gatiñas viaxeiras (unha adaptación da que fixo a nosa amiga Susa Herrera). Aí os tedes en plena actuación, para algúns e algunhas era a primeira vez que se subían a un escenario, e este era ben grande!! Fixérono fenomenal, son uns/unhas verdadeiros/as artistas!!
Ademais da nosa actuación e de ver e escoitar as dous outros colexios e institutos de Tui, e a de Xoán Curiel para rematar o acto, tamén se volveu facer o intercambio de libros como antes.

Foi unha actividade estupenda. Estaban todas e todos emocionadísimos/as!!




 
Tamén vos deixamos aquí a decoración da biblioteca para este día tan especial, con estas bolboretas tan fermosas que crearon os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria e dous dos lemas escollidos por eles/elas.

 
E aos máis pequechos do cole, posando tamén diante das súas bolboretas cos libros que estaban lendo nese momento
 


 
Feliz Día do Libro a todas e todos!! 
E felices lecturas!! 🎉📚📖🦋