sábado, 23 de abril de 2022

Día do Libro 2022

 
Hoxe, 23 de abril, é o Día do Libro. Nós xa o celebramos onte participando no Tui Le, que organiza o Concello de Tui e que recuperou a presencialidade que tantas ganas tiñamos. 

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria, estivo traballando a figura de Eva Mejuto, escritora galega de literatura infantil e xuvenil da que coñecemos moitos contos. 
Ademais de elaborar este fermoso cartel, prepararon unha presentación da autora e dúas cancionciñas de dous dos seus libros: Maruxa (con música de Almudena Janeiro) e Dez gatiñas viaxeiras (unha adaptación da que fixo a nosa amiga Susa Herrera). Aí os tedes en plena actuación, para algúns e algunhas era a primeira vez que se subían a un escenario, e este era ben grande!! Fixérono fenomenal, son uns/unhas verdadeiros/as artistas!!
Ademais da nosa actuación e de ver e escoitar as dous outros colexios e institutos de Tui, e a de Xoán Curiel para rematar o acto, tamén se volveu facer o intercambio de libros como antes.

Foi unha actividade estupenda. Estaban todas e todos emocionadísimos/as!!




 
Tamén vos deixamos aquí a decoración da biblioteca para este día tan especial, con estas bolboretas tan fermosas que crearon os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria e dous dos lemas escollidos por eles/elas.

 
E aos máis pequechos do cole, posando tamén diante das súas bolboretas cos libros que estaban lendo nese momento
 


 
Feliz Día do Libro a todas e todos!! 
E felices lecturas!! 🎉📚📖🦋