domingo, 29 de septiembre de 2019

FORMACIÓN USUARIOS E CADERNO LECTOR

Comezamos con moita ilusión un novo curso e decidimos facer unha pequena formación de usuarios da biblioteca ao grupo de primeiro.  

E xa que a nosa biblioteca atópase en obras, decidimos aproveitar para montar o empréstito na aula en poñer en marcha os cadernos lectores.

 



 



 




jueves, 19 de septiembre de 2019

DÍA MÁXICO

🐰🎩🐰 DÍA MÁXICO 🎩🐰🎩

Hoxe gozamos dun espectáculo de maxia a cargo de Luigi Ludus e O Mago Paco

Pásamalo xenial "Cantando baixo a maxia" con estes dous artistas que, ademáis de sorprendernos coa maxia, nos fixeron bailar e cantar tod@s xunt@s.

 



 Felicitar e agradecer aos dous magos e á ANPA do CEIP de Guillarei de Tui por ofrecernos esta estupenda oportunidade. 👏👏👏

lunes, 16 de septiembre de 2019

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES

O CEIP PLURILINGÜE DE GUILLAREI ESTÁ DE NORABOA! 🎉🎉🎉

 

A curtametraxe “Maruxa e Pepiño” acadou o premio a mellor curtametraxe na categoría de Educación Especial, Primaria e Infantil no FICBUEU 2019 - 12º Festival Internacional de Curtametraxes👏👏👏👏


  Maruxa encargase de todas as tarefas da casa mentras Pepiño non fai nadiña, 

ata que un día... as cousas cambian.
 

Felicitar aos artistas do grupo de quinto e os seus mestres polo gran traballo e esforzo.

Estamos moi orgullosos de tod@s eles!!

 




 



domingo, 15 de septiembre de 2019

BENVIDOS A UN NOVO CURSO

Xa estamos aquí de novo!

Estamos cheos e cheas de ilusión e con enerxías renovadas para este curso 2019 - 2020. 😀😀