jueves, 30 de enero de 2020

ACTUACIÓN INTERCULTURAL - DÍA DA PAZ


🕊🕊🕊O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e a non Violencia. 🕊🕊🕊

Este ano no cole de Guillarei tivemos a sorte de recibir na biblioteca do centro a Vanessa, Alou, Ndeye Mbor e Papi, que forman o proxecto Mbolo Mooye Doole , e que nos ensinaron un xeito de atopar a Paz: a través da música e da danza. 💃 🕺 


 

Con eles cantamos, tocamos e bailamos música africana, e algo moi importante: aprendemos que a Paz está dentro de nós mesmos, temos que descubrila e compartila cos demais. Sorrir é un bo xeito de espallala 😊😊😊

 


 Está actividade realizouse grazas á colaboración da ANPA do CEIP de Guillarei de Tui !!

 

 

 

💚💙💜 Día da Paz e Non Violencia ❤️🧡💛

 

 Sacamos todos xuntos unha foto conmemorar o día da paz. 


O alumnado de 6º realizou un programa especial de radio escolar no que nos falou sobre como coidar o noso planeta para que sexa un mellor lugar para todos.

Tod@s xunt@s cantamos a canción "Fronteiras" de Guadi Galego, comprometéndonos a conseguir que todos os días sexan días de paz e sen violencia. 😊😊😊

 

domingo, 12 de enero de 2020

NOVA BIBLIOTECA

O Planeta de Guillareta estivo en obras durante as vacacións de Nadal. Durante un tempo seguiremos de mudanza. Todavía quedan moitas cousas por facer pero pouco a pouco irá collendo forma. 

Lembrade que podedes realizar o empréstito nas vosas bibliotecas de aula.

 

Aí vai un adianto do que andamos a argallar... 😜





Moitísimas gracias a Marcos e David, pais de alumn@s do cole, polo voso tempo e o voso esforzo!