jueves, 3 de diciembre de 2020

DÍA INTERNACIONAL DAS DISCAPACIDADES

No CEIP Plurilingüe de Guillarei queremos unirnos a iniciativa Baixo o mesmo paraugas. Onde o paraugas simboliza a unión, xa que “todos tenemos cabida baixo o paraugas” sen diferencias. 

Queremos visibilizar unha sociedade diversa pero con ilusións por igual.


 Tamén deixámosvos o conto Un mar de color.











O MELLOR AGASALLO, UN LIBRO

 



viernes, 30 de octubre de 2020

O GRAN LIBRO DOS MONSTROS

 Parabéns pola vosa participación!

Temos unha morea de monstros no noso "Gran Libro dos Monstros" 👏👏👏


 


viernes, 23 de octubre de 2020

VOLTAMOS! ESTE CURSO VÉMONOS NAS AULAS

Ola, guillaretianos!

Como estades todos e todas? 

Este curso vémonos na obriga de facer o empréstito dende as bibliotecas de aula. Comentade aos vosos titores as vosas preferencias e farémosvos chegar os libros.

As mestras do equipo de biblio aproveitaremos para recatalogar os fondos seguindo a CDU e faremos moitos cambios para cando poidamos voltar a xuntarnos no Planeta de Guillareta.

Seguimos en contacto... 😃😃😃

 



miércoles, 17 de junio de 2020

O LIBRO DOS CONTOS DE ANIMAIS


Ola a tod@s!


Xa estamos chegando ao final. Aquí tedes a vosa resposta ao último dos desafíos. Moitísimas gracias a todos e todas polas vosas aportacións. 👏👏👏

Animámosvos a que sigades escribindo no verán. 😉


https://www.flipsnack.com/aulaguillarei20/o-libro-dos-contos-de-animais.html




martes, 9 de junio de 2020

LENDO NO VERÁN

Aproveitade coas vosas familias de cada momento deste verán que comeza.
Non vos esquezades de ler. Aí tedes algunhas recomendacións 😉😉

Boas vacacións para todas e todos! 😎




Recomendamos comprar no comercio da localidade e de cercanía. 💪💪



jueves, 28 de mayo de 2020

15 ANOS DE LIT GALEGA

Publícase unha guía que recolle libros de literatura infantil e xuvenil en galego. Achegámosvos o enlace para que poidades consultalo. Non perdades esta ocasión.


https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/files/15_Anos_LIX.pdf


lunes, 18 de mayo de 2020

DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

 No Día Internacional dos Museos, Guillareta infórmavos que podedes entrar no enlace e gozar desde casiña dunhas visitas 3D polos museos galegos.

Museos de Galicia



https://www.cultura.gal/es/evento/44533/109/49520

miércoles, 13 de mayo de 2020

RECOMENDACIÓNS

 Ola a tod@s!


Seguimos deixándovos máis recomendacións para facer a vosa estancia na casa máis entretida.

Entrade a curiosear 👀👀👀


 Baía Edicións en casa

  

 


 

Cuentos con pictogramas 

 

 

 GALICIA LE

 

 

LETRAS GALEGAS

Ricardo Carvalho Calero é o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste 2020.

 

A Real Academia da Lingua Galega deciciu pospoñer a celebración oficial para o 31 de outubro debido ao estado de alarma en que nos atopamos.

 

De todos xeitos, podedes curiosear nos seguintes enlaces e descubrir moreas de cousas sobre o autor e a súa obra.

 




 Ricardo Carvalho Calero

Telexornal Ricardo Carvalho Calero 

https://view.genial.ly/5e750fa6d0e81c0e4046557d/game-don-ridardo-o-xogo

 Conto As pitas 

 


E aquí mostrámosvos os vosos debuxos sobre o conto As pitas baixo a chuvia.

 Para ver - preme aquí -  AS PITAS BAIXO A CHUVIA

 

https://es.calameo.com/read/0033055769b3e6f5f7818?page=1 

 

sábado, 2 de mayo de 2020

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Bullying ou acoso escolar. Compartimos estas curtas porque é necesario concienciar e así tod@s xunt@ poder rematar con estas actitudes.







Tampouco queríamos deixar atrás o seguinte tema, solo para VALENTES!




martes, 28 de abril de 2020

CANAL KALANDRAKA TV

Ola a tod@s!

Esperamos que sigades ben. 

Hoxe queremos mostrarvos o canal KALANDRAKA TV. Nel poderedes gozar co visionado de moitos contos en galego.

 

http://www.crtvg.es/infantil/programas/os-contos-do-camino

 



viernes, 24 de abril de 2020

LECTURAS QUEDA NA CASA

 Ola a tod@s!

Non os deixes pasar. Aquí tedes máis libros gratuitos para gozar da lectura. Entra na páxina e elixe o libro para descargar.

Preme no enlace para entrar 20 libros infantiles gratuitos.


http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/20-libros-infantiles-gratuitos-para.html

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Para celebrar este 23 de abril @s nen@s do cole queren deixar un montón de recomendacións de libros que nos pareceron moi chulos e queremos compartir con tod@s!! 👏👏👏

Animámosvos a descubrir historias 📚 😉





viernes, 17 de abril de 2020

CONTOS PARA A EDUCACIÓN EN VALORES

Aquí vos deixamos unha selección de contos sobre as discapacidades que promoven a educación en valores. 

 

Botade unha ollada. 👀👀



Preme para entrar... CONTOS

viernes, 3 de abril de 2020

LIBROS DIXITAIS GRATUITOS

Achegámosvos os libros dixitais que se poden ler na páxina web da Editorial Pintar Pintar e no proxecto educativo Weeblebooks.

Son unha opción estupenda para seguir lendo novos títulos dende casa.


EDITORIAL PINTAR PINTAR


 

CUENTOS INFANTILES E LIBROS GRATIS 

A FOLIADA DOS PÍCAROS


Ola! Non podedes perdesvos isto. 😊

Poemas con canela de Edicións Embora. 👏👏👏







jueves, 2 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

No día Mundial de Concienciación sobre o Autismo queremos dar a coñecer a súa realidade, as súas capacidades e a súas necesidades. 

 

Persoas que neste momento están a sufrir moito a situación en que nos atopamos. 

Ánimo para tod@s 💪💪🌈🌈

 



DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.

O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. 
Fíxose coincidir co nacemento deo escritor danés Hans Christian Andersen, autor de El patito feo e El soldadito de plomo, entre outros.
Este ano elaborou o texto do cartel Inese Zandere e foi ilustrado por Reinis Petersons.

"Os libros fan grande o máis pequeno."

 


miércoles, 1 de abril de 2020

MÁIS CONTOS

Os contos de Pablísimo é unha compañía especializada en contacontos, teatro de animación á lectura e teatro infantil. Gozade coas súas historias 😀😀





viernes, 27 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Hoxe é o Día Mundial do Teatro. Lembra a apertura do Teatro das Nacións en París.

 

Nas redes preséntase actividades que conmemoran esta data.

 

Aquí tedes algunhas...

 A GALIÑA AZUL

https://drive.google.com/file/d/1cHyOQrForMQzxkMXkWjPjtg-6JBcYxuX/view

 GALIX

 

http://www.galix.org/2020/03/teatro-infantil-galego-no-dia-mundial.html

 



jueves, 26 de marzo de 2020

O MONSTRO DE CORES E O CORONAVIRUS


Compartimos o vídeo do conto O monstro de cores. Esta vez o protagonista, creado por Anna Llenas, explícanos que é o coronovirus, e as emocións que nos pode levar esta circunstancia.

O conto está narrado por voces infantiles e lles anima a seguir en casa, e "así todos juntos al arcoiris volveremos a ver brillar". 🌈🌈😀

 


martes, 24 de marzo de 2020

DEIXOUNOS ALBERT URDEZO

Faleceu, o coautor e debuxante de Axtérix e Obélix, Albert Urdezo.


Muere Albert Uderzo, el creador de Astérix

Xa sabedes que na biblioteca, cando voltemos, podedes seguir gozando coas súas aventuras.

 

Polo momento, aquí tedes dúas películas.

 









PANDEMIA DE CONTOS

O COLECTIVO NOGA e AEDA Narración Oral pon a nosa disposición contos en galego para ver e escoitar durante estes días que temos que estar na casa.

Non perdades esta oportunidade! 😀

 

AEDA Narración Oral 

 

COLECTIVO NOGA

 

https://narracionoral.es/images/logos/logo_castellano.jpghttps://yt3.ggpht.com/a/AATXAJyek126oSEQ92pcfXDh74vnWifN8Bt482oieA=s100-c-k-c0xffffffff-no-rj-mo

As botas por Cris de Caldas

 


Pelos tortos por Atenea García

   

jueves, 19 de marzo de 2020

TODO IRÁ BEN

 Ola a todas e todos!

Esperamos que vos atopedes ben, que estedes tranquilos nas vosas casiñas e que levedes estes días o mellor posible. 💪💪

Dende o Planeta de Guillareta queremos acompañarvos para que o tempo pase un pouquiño máis rápido. 

Pensade que agora tedes a posibilidade de pasar máis tempo coas vosas familias e a gran sorte de que, moitos de vós, podedes gozar dos patios, hortos, xardíns... que tedes nas vosas casas 🏡 e que nas cidades non teñen.

Aproveitade para ler 📚, escribir,debuxar, pintar e xogar.

Iremos deixándovos algunhas ligazóns. 

 Ánimo a tod@s!!! 🌈🌈🌈

 

Mirade o conto Rosa contra el virus.

 

 

O médico e escritor Víctor Espiga explica a importancia do confinamento para axudar a controlar a pandemia causada polo coronavirus.



E algo de música para animarnos... 🎵🎶🎵🎶



TODO IRÁ BEN! 😉😉

miércoles, 11 de marzo de 2020

VISITOUNOS ANXO MOURE

O Planeta de Guillareta recibiu ao gran escritor e contacontos galego...

ANXO MOURE 👏👏👏

Coa actividade "O barqueiro dos ríos" promóvese que os nen@s tomen conciencia do coidado do río e da auga. Estivo financiada pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.