jueves, 21 de diciembre de 2023

Recomendacións de Nadal

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para estas vacacións. Por se queredes encargarlle libros ao Apalpador, aos Reis Magos, a Santa Claus.. a quen sexa, o caso é que nos traian boas lecturas..

Felices Festas a todas e todos!! 🎄🎄🎶📚📚





lunes, 18 de diciembre de 2023

Gústavos a nosa porta?

Mirade qué chula nos quedou a porta da Biblioteca para o Nadal. As familias poderedes atravesala o próximo xoves ás 12h, se vides ao festival. Estamos encantadas de recibirvos!

viernes, 15 de diciembre de 2023

Campaña solidaria de Nadal

En colaboración coa Cruz Vermella estamos recollendo leite e cacao, e, por cada entrega de alimentos, nenos, nenas e familias levan un lote de libros.


viernes, 8 de diciembre de 2023

Decoración de Nadal

Do 11 ao 15 de decembro decoraremos a biblioteca para o Festival de Nadal. Apuntádevos aos obradoiros!!



viernes, 17 de noviembre de 2023

NOVIDADES

Non vos esquezades de botar un ollo ás novidades que imos colocando na entrada da biblio. E cando queirades que merquemos un libro que vos gusta moito ou que vos parece xenial para a biblioteca, aí tedes o Buzón de Suxestións, dádelle uso!!

 

 

lunes, 13 de noviembre de 2023

O LIBRO DA AUGA

Levamos días, ou semanas, facendo pescudas nas aulas de frases feitas, refráns, adiviñas e cancións relacionadas coa auga (buscamos nos libros da biblioteca, nas propostas do equipo de biblioteca, preguntamos na casa aos nosos pais, nais, avós, avoas, ..) e ilustrámolas.

A partir destas ilustracións montamos o LIBRO da AUGA


 






viernes, 3 de noviembre de 2023

A AUGA

Todos os libros que imos atopando na biblioteca sobre o proxecto deste curso, A AUGA, ímolos colocando neste moble no primeiro andar. Podedes consultalos cando queirades!!

martes, 31 de octubre de 2023

Obradoiros de Samaín/Halloween

Durante os recreos do 23 ao 30 de outubro fixemos na biblio obradoiros de manualidades de Samaín/Halloween.

Aquí vos amosamos algún dos resultados 












miércoles, 25 de octubre de 2023

Apadriñamento lector

Onte pasámolo xenial no Apadriñamento lector.
Os compañeiros e compañeiras de 3º, 4º, 5º e 6º escolleron un conto da biblioteca para contárllelo aos/ás de EI, 1º e 2º.
Ademais, moitas e moitos viñemos disfrazadas/os de personaxes de conto.
Aquí vos deixamos unhas imaxes como proba gráfica.





lunes, 23 de octubre de 2023

O Día das Bibliotecas

O 24 de outubro é o Día Internacional das Bibliotecas, e coma sempre, queremos celebralo!!
 
Imos facer un apadriñamento lector, como o da primavera pasada que tanto nos gustou.
E para que sexa máis divertido, podemos vir disfrazados e disfrazadas de personaxes de conto, de novela, de cómic.. do libro que prefiramos.   
 
Xa sabes: Se queres aventura, lánzate á lectura!!

 

lunes, 11 de septiembre de 2023

Empezamos!!

Benvidos e benvidas ao novo curso 2023-2024! 

O proxecto da biblioteca para este curso é... A AUGA!! 


 

viernes, 28 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO

    Para nós o día do libro é todos os días, pero tamén nos encanta celebrar, así que fixemos dúas actividades diferentes para festexar este 23 de abril.

    A primeira consistiu en que os compañeiros e compañeira de 3º curso nos presentaron a figura de Don Francisco Fernández del Riego, a quen lle dedicamos este ano as Letras Galegas e recitáronnos un poema dos que el recompilou. Fixérono fenomenal. Aquí vos deixamos unhas imaxes dese momento.


    A outra foi un acompañamento lector. Os e as maiores do cole escolleron cadanseu libro da biblioteca para lerllo a un pequeno ou unha pequena. Ao rematar, cada parella debuxou algo significativo do seu conto. A actividade gustounos tanto a todos e todas, que estamos pensando en repetila pronto. Mirade algunhas imaxes que dan boa conta do ben que o pasamos.









E aquí algún dos debuxos tan chulos que resultaron.












 

domingo, 23 de abril de 2023

FELIZ DÍA DO LIBRO 2023!

 FELIZ DÍA DO LIBRO 2023!

Xa vos contaremos as actividades que realizamos no cole para celebralo

lunes, 13 de marzo de 2023

Semana da Prensa 2023

Do 6 ao 10 de marzo celebramos a Semana da Prensa no cole. Todas as aulas, dende infantil a 6º, redactaron noticias ou anuncios sobre a nosa vida no centro, as actividades que facemos, as que virán, e incluso algunha nova sorprendente.. (ninguén dixo que fosen noticias contrastadas 😜).
O venres, despois do recreo, xuntámonos para escoitalas pola radio. Algúns cursos gravaron as súas noticias e anuncios previamente e alí escoitamos as gravacións, e outros léronas en directo, experimentando os nervios radiofónicos. 
Xa somos expertas e expertos en prensa oral e escrita. Aquí vos deixamos unha mostra..

 
 

sábado, 11 de febrero de 2023

Hoxe, 11 de febreiro, é o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Este ano celebrámolo máis que nunca, xa que dentro do noso proxecto de centro estivemos investigando e traballando a figura de varias mulleres científicas: Maria Sibylla Merian, precursora da entomoloxía; Cecilia Payne, astrónoma e astrofísica; e Ángeles Alvariño, oceanógrafa.

Grazas a elas pola súa aportación á ciencia e por abrir camiño ás que viñan detrás.

Seguiremos loitando para que todas as nenas poidan cumplir os seus soños en calquera ámbito, tamén no mundo da ciencia.

Feliz día!!