viernes, 26 de abril de 2024

Feira do Libro

Este ano, para celebrar o Día do Libro, o 23 de abril, ocorréusenos unha actividade diferente e moi completa.
As semanas previas, en cada aula nenos e nenas crearon, inventaron, redactaron, ilustraron, pintaron, maquetaron e encadernaron cadanseu libro. A algúns e algunhas incluso lles gustou tanto que elaboraron varios.
Unha vez que tiñamos os libros, tocou montar e decorar os postos para a feira. As dúas aulas de Educación Infantil compartiron posto, ao igual que 1º e 2º de EP, e os outros cursos xa se ocuparon de cadanseu posto.
O mesmo día 23 de abril colocamos os postos no patio cuberto. Todo o alumnado podía visitar e ler libros de todos os postos as veces que quixese, mais debía completar o carné cun selo de cada posto. Unha vez selado, ían recoller o seu agasallo á biblioteca, que resultou ser un libro e unha flor.
Pasamos unha xornada fantástica, aquí queda un vídeo para que vos fagades unha pequena idea.