viernes, 8 de marzo de 2013

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Hoxe é o día da muller traballadora, así que moitas felicidades a todas esas mulleres que traballan tanto nas tarefas do fogar coma no coidado dos fillos ou na súa xornada laboral.
Se pinchades na imaxe atoparedes moitos recursos interesantes para coñecer un pouquiño máis a historia deste día.



Grazas ao CPI Progreso polo seu traballo.




lunes, 25 de febrero de 2013

PARECE UNHA ROSA



O s alumnos/as de 6º de EI recitaron para o resto do alumnado do noso cole, o poema de Rosalía de Castro "Parece unha rosa"ao mesmo tempo que podían disfrutar da proxección, a traveś do canón, do libro recitado.

 

viernes, 22 de febrero de 2013

PROXECCIÓNS DÍA DE ROSALÍA

Aquí tedes unha pequena reportaxe fotográfica da semana que lle adicamos a Rosalía de Castro na nosa biblioteca. O  alumnado disfrutaba de xogos mentres escoitaban os poemas musicados da autora.








martes, 19 de febrero de 2013

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA





Ola amiguiños!!!!
Durante esta semana e co gallo do Día de Rosalía, haberá na nosa Biblioteca unha pequena exposición sobre a autora galega, ademais proxectaremos durante os recreos vídeos con poemas e historias sobre ela.
Anímate a visitarnos!!

miércoles, 19 de diciembre de 2012

EN CABÁRCENO SE OYE CANTAR


Onte tivemos na nosa biblioteca a presentación do libro de Susa Herrera "En cabárceno se oye cantar", nesta ocasión Susa contou coa colaboración da nosa profe de música, Tere.
É un libro con cancións moi divertidas  e inxeniosas sobre os animais que hai no Parque de Cabárceno.
Pasámolo todos de marabilla!!!!



Aquí temos un pequeno exemplo das grandes voces artísticas que temos en Guillarei.


lunes, 17 de diciembre de 2012

RECOMENDACIÓNS PARA ESTE NADAL

Xa estamos entrando nunhas datas especiais, onde é costume facer regaliños, recorda que un bo agasallo é un bo libro. Aquí tedes algunhas das nosas recomendacións. FELICES FESTAS!!!!

martes, 4 de diciembre de 2012

OBRADOIRO DE INTERCULTURALIDADE

Hoxe o alumnado de 6º de Primaria asistiu a un Obradoiro moi interesante de interculturalidade na nosa biblioteca.