martes, 24 de marzo de 2015

SESIÓNS PI

Realizamos o  Cálculo de a través da relación entre lonxitude de circunferencia e diámetro de diferentes  botes e obxectos coa maior aproximación posible utilizando as series infinitas de Gregory-Leibniz ou a serie Nilakantha.









lunes, 9 de marzo de 2015

Día PI

CELEBRACIÓN DO DÍA


O vindeiro día 14 de marzo será, en formato anglosaxón, o día 3-14-15, cifras que coinciden co número pi. Dende o  colexio queremos aproveitar esta circunstancia para conmemorar a historia, transcendencia, curiosidades e didáctica de tan célebre número a través de diversas actividades centradas en p.

        1º Concurso de pensamentos/relatos p, que xa tedes colgado no blog da biblioteca.
        2º Cálculo de p a través da relación entre lonxitude de circunferencia e diámetro de diferentes botes.
        3º “Calculemos p”: consistirá en calcular coa maior aproximación que se poida o número pi, utilizando as series infinitas de Gregory-Leibniz ou a serie Nilakantha.
As actividades 2º e 3º  levaranse a cabo o venres 13 de marzo na biblioteca para os alumnos de 5º e 6º Primaria despois do recreo.


Haberá sorpresas para os que mellor calculen. 

lunes, 2 de marzo de 2015

1º CONCURSO DE PENSAMENTOS PI



Co gallo da celebración do día do  número Л, o 14 de marzo, que en estilo anglosaxón exprésase 3/14 e como ademais este ano é 2015, sería 3/14/15.

Convocamos un concurso de microrrelatos e/ou  pensamentos.

Trátase de escribir un pequeno texto en prosa, onde cada palabra teña tantas letras como cada díxito do número Л na orde que indica o número.

Л(pi)= 3,14159265358979323844...



Un exemplo de pensamento con métrica PI  (en castelán):

Caí y miré a Laura enamorado, su cuerpo débil era ahora perfecto
                              3   1   4      1    5              9           2      6          5     3         5            8



BASES DO CONCURSO

  1. Poden participar os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria
  2. Os relatos estarán escritos en Galego e terán un mínimo de 10 palabras
  3. Serán descartados aqueles relatos con faltas de ortografía
  4. Os signos de puntuación non computan na métrica do relato
  5. Os relatos entregaranse ao titor antes do día Л (o sábado14 de marzo)
  6. Os gañadores de cada clase serán obsequiados cunha camiseta de deseño Л

jueves, 26 de febrero de 2015

CONTACONTOS PARA OS ALUMNOS DA UNITARIA DO SOUTO

Unha das actividades que temos planificadas dende a biblioteca é a de familiarizar aos nenos e nenas da Unitaria do CRA Mestra Clara Torres a nosa biblioteca. Para iso organizamos con colaboradores do 6º curso un contacontos "ONDE VIVEN OS MONTROS"
Pasárono moi ben e ao finalizar cada neno coloreou unha ilustración do libro e fomos montando o conto en imáxenes.










miércoles, 25 de febrero de 2015

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar esta data tan importante para nós, organizamos dende a biblioteca do cole un programa de Radio Escolar para que todo o noso alumnado coñezan e non olviden a Rosalía.
 Ao mesmo tempo, dous dos nosos alumnos foron á Radio Municipal de Tui para ler en directo algúns poemas desta autora. Foi moi emocionante escoitar o programa en directo na nosa escola a través da Radio Escolar!!!!!

Aquí tedes o enlace da parte do programa onde leron os alumnos de de 6º curso Miguel Estévez "Unha vez tiven un cravo" e Brahim El Jabraoui "Como as nubes".


jueves, 22 de enero de 2015

APADRINAMENTOS LECTORES

Este curso comezamos cos APADRINAMENTOS LECTORES que están tendo moi bo resultado, os alumnos de 6º curso apadriñaron aos alumnos de 1º e lles len un conto no proxecto lector, aquí tedes a mostra en imáxenes.











lunes, 19 de enero de 2015

APRENDER A UTILIZAR AS IMAXES DE INTERNET

Ola amigos e amigas,
nesta ocasión, quero presentarvos un enlace moi interesante para aprender a escoller as imaxes de Internet que fan tan interesantes os nosos traballos. Para acceder, pinchade aquí.
Darlle as grazas aos compañeiros de Frián-Teis por facer este estupendo traballo.

APROVEITÁDEO AMIGUIÑOS!!!!