viernes, 25 de mayo de 2018
viernes, 11 de mayo de 2018
IX TUI LE
O CEIP Plurilingüe de Guillarei participou, xunto con outros centros de Tui, na IX edición do TUI LE adicada este ano a Mª Victoria Moreno.
O TUI LE celebrouse o venres 11 de maio coas actuacións dos distintos centros, un intercambio de libros e unha exposición de carteis elaborados por escolares de cada un dos centros educativos participantes.
Durante as semanas anteriores, adicamos moita ilusión na realización do noso cartel. Aquí tendes o proceso de creación...
E o resultado final! 👏👏👏
Os rapaces e rapazas de quinto de primaria acudiron representando ao centro coa súa actución. 🎵🎵
Estamos moi orgullosos e lles agradecemos o seu esforzo. 👏👏👏
jueves, 10 de mayo de 2018
INMERSOS NO UNIVERSO
jueves, 3 de mayo de 2018
CON TODOS NÓS... CHANO RODRÍGUEZ
O día 2 de maio, enmarcada dentro do proxecto Guillarei activo e saudable, recibimos a visita, no planeta de Guillareta, de... Chano Rodríguez.
Chano contounos a súa experiencia como deportista paralímpico e algunhas das dificultades que tivo que superar.
Graciñas por compartir o teu tempo con nós! 😉
miércoles, 2 de mayo de 2018
MALETA TEMÁTICA... AS EMOCIÓNS
Temos a nosa disposión para poder disfrutar polas aulas de Educación Infantil en 1º e 2º de Primaria, a maleta temática sobre as emocións, que o CEFORE de Vigo nos emprestou.
Estamos encantados! 😃👏👏👏
lunes, 30 de abril de 2018
MARCA A TÚA PÁXINA, NON PERDAS A TÚA LECTURA.
Durante a Semana do Día do Libro as nenas e nenos puideron achegarse durante o tempo de lecer para crear o seu marcapáxinas.
Fixeron deseños de simpáticos extraterrestres.
lunes, 23 de abril de 2018
E CHEGOU O DÍA DO... APADRIÑAMENTO LECTOR!
O día 23 de abril celebramos o Día do Libro coa realización dun apadriñamento lector durante a hora de ler.
Durante os días anteriores, os padriños e madriñas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria elexiron con moito entusiasmo os títulos para ler aos seus afillados e afilladas dos cursos inferiores.
Todos e todas pasamos un rato estupendo. E desexamos poder repetilo en vindeiras ocasións!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)