lunes, 24 de febrero de 2014

24 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA


Con conmemoración desta data tan importante para nós, fixemos diferentes actividades:
- Proxeccións de videos sobre a autora na biblioteca durante toda a semana.
- Pequena exposición sobre a autora e algúns exemplares das súas publicacións.


- Un pequeno grupo de alumnos de 6º curso fixeron unha pequena presentación sobre a autora para o alumnado de 1º ciclo.




Ao rematar, entre todos limos o poema "Parece unha rosa", feito polos alumnos de 1º curso cando estaban en Infantil.






















CONTACONTOS: ORELLAS DE BOLBORETA

Xa podedes ver o vídeo do contacontos "ORELLAS DE BOLBORETA", os rapaces de Infantil pasárono en grande. Ao rematar o Contacontos, os máis pequenos debuxaron á protagonista MARA, e aprenderon que todos os nenos e nenas somos diferentes, tanto física como na forma  de ser, de xogar, de rir...




ORELLAS DE BOLBORETA from Guillareta on Vimeo.

martes, 18 de febrero de 2014

CONTACONTOS "ORELLAS DE BOLBORETA"


Ola amigos e amigas, 
este VENRES 21 DE FEBREIRO teremos novamente CONTACONTOS, será unha pequena representación inspirada no conto "Orellas de bolboreta" de Kalandraka.
Con esta representación traballaremos as emocións, desta volta tócalle á
AUTOESTIMA POSITIVA.




E estes rapaces do 6º curso serán os que nos relatarán a fermosa historia:


viernes, 14 de febrero de 2014

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Xa temos os equipos de Axudantes de Biblioteca formados:

AXUDANTES DE BIBLIOTECA


Alumnado de 4º curso: Omaira, Carlos, María, Almudena, Hugo, Yolanda, Dayana, Amalia, Safa, Alba, Paula, Marwa e Daniel.

AXUDANTES DE PRÉSTAMO DE XOGOS DA BIBLIOTECA


Alumnado de 5º curso: Fátima, Imane, salma, Laura, Brahim, Raúl, Lara e Cristina.


Moitas grazas pola vosa colaboración

martes, 28 de enero de 2014

DÍA DA PAZ

Ola de novo, en poucos días imos celebrar o Día Mundial da Paz. 


Dende a biblioteca, reunimos un grupo de contos clásicos que podedes ollar para coñecer os valores que estes libros transmiten.


















E para que pasedes un momento lector agradable, aquí tedes
  ARMAS PARA MORRER DE RISA



jueves, 9 de enero de 2014

POR QUE LER?

Benvidos a este ano 2014 que comeza !!! E como propósito novo vouvos dar algunha idea.
A LER COMPAÑEIROS!!!


viernes, 20 de diciembre de 2013

CONCURSO DE RELATOS NAVIDEÑOS



Xa temos o resultado do concurso de relatos navideños. Noraboa aos gañadores e moitas grazas aos participantes por agasallarnos coas fermosas historietas.