viernes, 31 de marzo de 2017

Maruxa Mallo, Día das Artes Galegas, 2 de abril 2017

A pintora viveirense Maruxa Mallo vai ser a homenaxeada no Día das Artes Galegas 2017. Así o acordou o plenario da Real Academia Galega de Belas Artes, os integrantes do pleno decidiron por maioría que fose Mallo a quen se lle adicase o día que por vez primeira se celebrou o ano 2016, e que estivo centrado en Castelao. A pintora viveirense collerá o relevo do escritor, político e artista rianxeiro. Artista excepcional: Maruxa Mallo veu ao mundo en Viveiro, en 1902, co nome de Ana María Gómez González e no seo dunha familia de boa posición. Xa moza trasladouse a Madrid, onde mantivo relación con artistas, escritores e cineastas como Salvador Dalí, Federico García Lorca, Margarita Manso, Luis Buñuel, María Zambrano e Rafael Alberti. Durante a década de 1920 traballou para numerosas publicacións literarias e realizou portadas de varios libros, así como exposicións. Grazas a unha bolsa da Xunta de Ampliación de Estudos viaxou a París en 1932, onde entrou en contacto co surrealismo (coñeceu Max Ernst, René Magritte, Joan Miró, Giorgio de Chirico e outros), e participou en parladoiros con André Breton e Paul Éluard. A súa pintura cambiou radicalmente, influenciada polo surrealismo. O golpe de estado de 1936 sorpendeuna en Galiza e tivo que refuxiarse na casa dun familiar, onde estivo agochada varios meses. O seu compromiso coa II República facíalle temer que podía ser albo da represión que inzaba Galiza. En 1937 conseguiu pasar a Portugal e de alí viaxar a América. Pasou o exilio en Arxentina e Estados Unidos. Finou en Madrid en 1995. María Zambrano dixo dela:"Cometeu un dos erros máis destrutivos e imperdonábeis: ser libre".





       
 
 
 
 
 
                                                 

No hay comentarios:

Publicar un comentario