lunes, 12 de febrero de 2018

ENTROIDO

OBRADOIRO DE ANTEFACES


Mirade que orixinais máscaras saíron do obradoiro que se celebrou na biblioteca.

Durante o tempo de lecer, o alumnado de primaria puido facer a súa creación.






Estas nenas e nenos son uns verdadeiros artistas!






 Ata Guillareta, animouse... mirade!








COPLAS DE ENTROIDO

Na entrada do cole podedes desfrutar da exposición de coplas de entroido creadas polo noso alumnado e relacionadas co PDI do Universo. 

Parabéns ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega pola súa estupenda aportación. Non perdades detalle!










DESFILE DO ENTROIDO

E chegou, por fin, o día!

Tiñamos xa os nosos traxes preparados, todos eles relacionados co noso PDI “ O Universo”. Estrelas, planetas, foguetes, marcianos, astronautas… inundaron o Planeta de Guillareta. 🌎🌙🌟🌠🌞

Despois de todo o noso esforzo en deseñalos e crealos, tiñamos que lucilos polas rúas de Guillarei.