miércoles, 31 de octubre de 2018

CHARLA SOBRE A BIODIVERSIÓN


CHARLA BIODIVERSIÓN NA BIBLIO: “Un bosque no peto

O 29 de outubro tivemos a oportunidade de contar na nosa biblio coa presenza de Nieves Vidal González, unha ciéntífica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Deixounos abraiados e moi interesados na actividade Un bosque no peto.

Explicounos como pódese levar un bosque de especies galegas nun tarro que colle nun peto. O tarro é unha mostra de cultivo in vitro de especies como castiñeiro, sobreira, vimbio, maceira...
Descubrimos que o cultivo in vitro consiste en utilizar anacos de plantas, esterilizalos para eliminar os patóxenos e introducilos en frascos ou tubos de ensaio con medio nutritivo e en condicións ambientais controladas (luz, temperatura, humidade).

Vimos os tarros sen e con cultivos e os instrumentos de traballo, xogamos co agar, falamos da fotosíntesis e das esporas de microbios e do solo.
Para poder experimentar os movementos dos líquidos e os gases nestes tarros, impulsamos cun bombín de bicicleta e de paso, inchamos un globo. Foi unha experiencia moi interesante!

E Nieves deixounos uns fantásticos agasaios, uns frascos con cultivos in vitro!

Para coidalos os tarros teñen que estar ben pechados, e nun sitio onde lle dea a luz pero non o sol directo, para que non morran coa calor.  Se dentro dun mes ou así as plantas medran moito, pódense transplantar as que teñan raíces a unha maceta, cubríndoa cunha botella de plástico, coma se fora un invernadoiro portátil, e logo abrilo pouco a pouco.
Nieves deixounos unha mensaxe:  Coida de estes tarros, e sobre todo coida e disfruta das árbores que viven nas hortas, nos bosques, a beira dos ríos...
Moitísimas grazas, Nieves!