jueves, 3 de octubre de 2019

BANDA DE MÚSICA POPULAR DE TUI

Hoxe recibimos con moita ilusión no Planeta de Guillareta a catro músicos da Banda de Música Popular de Tui. 🎵🎶🎵🎶

 

Ensináronnos varios dos instrumentos de vento madeira, vento metal e percusión que forman parte da banda, tocaron algunhas pezas e xogamos a recoñecelas; e o máis divertido, deixáronnos probar o saxo, o trombón, a trompeta, o xilófono e a batería. 

Pasámolo fenomenal! 👏👏👏