jueves, 19 de marzo de 2020

TODO IRÁ BEN

 Ola a todas e todos!

Esperamos que vos atopedes ben, que estedes tranquilos nas vosas casiñas e que levedes estes días o mellor posible. 💪💪

Dende o Planeta de Guillareta queremos acompañarvos para que o tempo pase un pouquiño máis rápido. 

Pensade que agora tedes a posibilidade de pasar máis tempo coas vosas familias e a gran sorte de que, moitos de vós, podedes gozar dos patios, hortos, xardíns... que tedes nas vosas casas 🏡 e que nas cidades non teñen.

Aproveitade para ler 📚, escribir,debuxar, pintar e xogar.

Iremos deixándovos algunhas ligazóns. 

 Ánimo a tod@s!!! 🌈🌈🌈

 

Mirade o conto Rosa contra el virus.

 

 

O médico e escritor Víctor Espiga explica a importancia do confinamento para axudar a controlar a pandemia causada polo coronavirus.



E algo de música para animarnos... 🎵🎶🎵🎶



TODO IRÁ BEN! 😉😉