Durante a semana das Letras Galegas estivemos traballando en varias actividades:
- A partir do traballo na aula do libro “O violino de Luísa”
elaboramos, en colaboración co EDLG o cartel das Letras Galegas.
- Escollemos un poema de Luísa Villalta para ilustralo na aula de 6º de EI e traballalo
na aula de música cos grupos de 1º,
2º e 3º de EP. Como temos a sorte de que o musicou a nosa amiga Susa Herrera, ademais de recitalo, cantámolo e interpretamos unha pequena coreografía con cotidiáfonos tamén de Susa.
O mar, sempre infinito
sobre o lombo animal,
trae as horas que non pasan
na súa esencia vital.
Entre a doce melodía
e as ondas do mar
os seus versos, coma pombas
sempre están a voar.
- Na aula de 4º de EP dedicaron o seu tempo a unha actividade de dinamización chamada “O verso voador”.
- E repetimos a actividade que tanto nos gusta de apadriñamento lector. Durante o proxecto lector nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de EP contáronlles aos e ás de EI, 1º, 2º e 3º un conto en galego que uns días antes escolleron na biblioteca e prepararon nas súas casas. Unha vez máis encantounos a todos e todas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario