viernes, 31 de mayo de 2024

Saída ao Monte Aloia

O mércores 29 de maio realizamos unha saída educativa ao fío do proxecto da auga, encamiñada a poñer en valor a importancia da auga na natureza e o uso que dela facemos as persoas.

Os nenos e nenas de EI fixeron una pequeruta onde observaron árbores autóctonas, anfibios.. e xogos relacionados co aprendido.
O alumnado de primaria realizou unha ruta guiada polos muíños do río Tripes e ata entraron nun deles onde o muiñeiro lles explicou o seu funcionamento.
 
Que actividade tan chula e que ben o pasamos!! 



                       





martes, 28 de mayo de 2024

Novas seccións

INAUGURAMOS DÚAS NOVAS SECCIÓNS DA NOSA BIBLIOTECA :
- BIBLIOPATIO
- RECUNCHO DE LECTURA PARA ADULTOS

Animádevos a visitalas e.. a gozar da lectura !

 
 
 
 

sábado, 25 de mayo de 2024

Letras Galegas

Durante a semana das Letras Galegas estivemos traballando en varias actividades: 

- A partir do traballo na aula do libro “O violino de Luísa” elaboramos, en colaboración co EDLG o cartel das Letras Galegas.


- Escollemos un poema de Luísa Villalta para ilustralo na aula de 6º de EI e traballalo na aula de música cos grupos de 1º, 2º e 3º de EP. Como temos a sorte de que o musicou a nosa amiga Susa Herrera, ademais de recitalo, cantámolo e interpretamos unha pequena coreografía con cotidiáfonos tamén de Susa.

                            O mar, sempre infinito
                            sobre o lombo animal,
                            trae as horas que non pasan
                            na súa esencia vital.
                            Entre a doce melodía
                            e as ondas do mar
                            os seus versos, coma pombas
                            sempre están a voar. 



- Na aula de 4º de EP dedicaron o seu tempo a unha actividade de dinamización chamada “O verso voador”.


- E repetimos a actividade que tanto nos gusta de apadriñamento lector. Durante o proxecto lector nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de EP contáronlles aos e ás de EI, 1º, 2º e 3º un conto en galego que uns días antes escolleron na biblioteca e prepararon nas súas casas. Unha vez máis encantounos a todos e todas.


miércoles, 15 de mayo de 2024

Visita Anxo Moure

Este martes 14 de maio recibimos na biblioteca a Anxo Moure. As e os maiores xa o coñeciamos da última vez que estivo aquí, lembrámonos perfectamente porque foi xusto o día antes de pechar o cole pola pandemia.. 😬😬

Anxo non podía faltar este ano, quen mellor ca el para falarnos da auga?? Contounos e cantounos do Miño, o seu percorrido, as barcas do Miño, o seu batuxo, as xacias, a importancia de coidar os nosos ríos e o noso patrimonio natural e cultural.. e nós tamén cantamos e bailamos con el. 

Moito aprendemos sempre dos seus contos e das súas historias.
Grazas por vir, Anxo, e até a próxima!!








viernes, 10 de mayo de 2024

Os Maios

Como todos os anos, non podemos deixar sen celebrar a festa dos Maios. E tamén mantemos a tradición de que o grupo de 4º interprete a danza de paus, e 5º e 6º as coplas que previamente elaboramos nas aulas de Música e de Lingua Galega. Todos e todas inventaron e, despois de traballalas e engadirlles as de introdución e remate, quedaron así:
Aquí os/as tedes no momento da celebración