lunes, 9 de marzo de 2020

COMERCIO XUSTO

A semana pasada o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria recibiu unha sesión informativa sobre o comercio xusto.

 

A través de pequenos xogos intentamos poñernos na pel dos traballadores do sector primario e coñecemos as inxustizas que estes sofren a diario.

 

Por iso, cando imos mercar, ademáis do prezo, temos que ter en consideración outros factores e tentar consumir produtos locais, produtos co selo de mercado xusto...

 

Ao final tod@s chegamos á mesma conclusión: 

 

A tod@s nos gusta que valoren o noso traballo de forma xusta!!